Durante esta semana os estudantes do CEIP San Cosme de Barreiros modifican o seu vestiario en función dos “Mandatos do Meco”. Cada día introducen algunha novidade. Se o luns levaban o pelo de cores e o martes un zapato de cada tipo, hoxe foron ás aulas en pixama. O que si teñen previsto é o que pasará o venres, día en que celebrarán ao grande o Entroido, cun disfrace elaborado por eles e o profesorado. Está moi vinculado á arte e á historia de España do século XVII. Por agora é unha sorpresa…
O Ceip San Cosme prepara unha festa de Entroido este venres mentres obedece aos Mandatos do Meco

O Ceip San Cosme prepara unha festa de Entroido este venres mentres obedece aos Mandatos do Meco
Relacionado
-
Obradoiro de tradición oral das mulleres para celebrar o Día das Letras Galegas na UNED de Lugo
-
A Festa das Flores, tamén coñecida como Festa das Fillas de María, vaise celebrar este sábado 17 de maio en Xove, coincidindo co Día das Letras Galegas
-
Celebración das letras galegas na libraría Bahia de Foz