Burela, a 19 de marzo de 2022. O Grupo Municipal Popular vén de demostrar unha vez máis con feitos que “estamos para defender os intereses dos veciños e veciñas da nosa vila. Con seriedade e con firmeza”. Así o manifesta o portavoz, Manuel Rouco, tras coñecer que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de aceptar a trámite a demanda presentada polo Grupo Municipal Popular de Burela en relación á ordenanza municipal de peche de fincas aprobada hai tan só uns meses “de forma totalmente irregular” polo goberno do señor Llano e “coa connivencia do BNG ”.
O popular considera que “o tribunal máis alto de xustiza de Galicia advirte posibles indicios de vulneración dos dereitos da nosa vila”; xa que “o señor Llano e o seu goberno tramitaron a ordenanza sen facer a preceptiva consulta pública á cidadanía do noso concello, tal e como marca clarísimamente a lexislación vixente e como llo advertira en reiteradas ocasións o Grupo do PP”.
Rouco sinala “o modo de proceder totalmente trapalleiro do señor Llano”, tantas veces denunciado polos populares, demostrouse unha vez máis con este asunto. É que “o TSXG tivo que pedir ata en dúas ocasións ao goberno local que lle remitise a documentación relativa ao expediente de tramitación desta ordenanza municipal” porque “o primeiro remitido contiña numerosos erros”.
O voceiro do PP explica que “non é a primeira vez que algún organismo ten que reclamarlle documentación ao goberno do señor Llano” debido á súa falta de transparencia”. Cando o goberno local ocultou información das dependencias municipais ao Grupo Municipal Popular a Valedora do Pobo tivo que reclamarlle en varias ocasións o informe que xustificara esa ausencia de información aos concelleiros do PP como representantes dos veciños de Burela”.
Demandas dos traballadores
A demanda presentada polo Grupo Municipal Popular non é a única á que ten que facer fronte o goberno local ao longo deste mandato porque “son numerosas as presentadas polos traballadores do propio Concello en relación a posibles vulneracións dos seus dereitos laborais”.
Os populares pregúntanse unha vez máis “se realmente é este o goberno que precisa e merece unha vila coma Burela, un goberno incapaz de xestionar nada e que non para de acumular demandas xudiciais debido aos seus desmáns”. Dende o Grupo Municipal Popular lamentan que “sexan os veciños os que teñan que pagar o desgoberno de Llano”.























O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



