Lugo, 23 de marzo de 2022. O portavoz do grupo do PP na Deputación, Javier Castiñeira, acompañado por varios deputados provinciais e alcaldes, anunciou esta mañá, en rolda de prensa, que no próximo pleno ordinario os populares presentarán “dúas mocións claramente dirixidas a paliar a crise enerxética que vive a provincia e que afecta de maneira moi grave aos concellos, e as empresas e aos autónomos”. Castiñeira explica que “en concreto, son dous plans”. Engade: “Un plan que entendemos é necesario, que na práctica sería un complemento do Plan Único, para reforzar a colaboración da Deputación cos concellos, que está conxelada, neste ano tan importante, neste ano de crise”. O portavoz popular lembra que “estamos afectados por unha altísima inflación, do 7,6%, que afecta aos concellos de maneira moi grande; algúns deles teñen serios problemas para poder pagar algúns dos servizos que prestan polo alto custo da enerxía e dos materiais de construción”.
O PP solicitou no seu día ao goberno da Deputación, no mes de decembro, que suplementase o Plan único ata o 25%, como prometera, para chegar aos 25 millóns de euros. Foi, sinala Castiñeira, unha proposta baseada en “que viamos que os concellos ían perder poder adquisitivo, como pasou”. Engade: “A nosa proposta non foi aceptada polo equipo de goberno; agora, a cada momento a realidade nos dá a razón. Resulta evidente que é necesario un plan suplementario, con 3,5 millóns de euros, que complementarían os 21,5 do Plan Único. Manteriamos o criterio de reparto obxectivo do Plan Único, pero estes fondos irían destinados directamente a paliar a crise enerxética que viven os concellos, debido aos custos da enerxía”.
Por outro lado, o PP propón un plan para dar axudas directas aos sectores claramente afectados Javier Castiñeira manifesta: “Vemos como o sector do transporte, o agrongandeiro, o do mar están en paro, manifestándose, pedindo axuda. Vémolo na costa e na capital da provincia, coas concentracións do día de onte; a Deputación no pode permanecer impasible como o está a facer”. “Pedímoslle -di Castiñeira- que busque recursos para axudar ás empresas e aos autónomos que o pasan mal polos altos custos da enerxía. Queremos que faga o mesmo que fan outras deputacións. É o mínimo que debe facer a Deputación de Lugo”.
Castiñeira avisa: “Non imos admitir que o equipo de goberno volva, como fixo en días pasados a deputada García Porto, con desculpas de mal pagador, preguntándose de onde van sacar os cartos. Se o equipo de goberno non sabe afrontar situacións de crise ten que apartarse e deixar gobernar a aqueles que si o saben facer e xa o demostramos no seu momento cando xestionamos administracións en dificultades e sacamos recursos que non tiñamos”.
Para os populares, “está claro que hai moitas opcións”. Sinalan: “Se subiu o orzamento anual da Deputación un 8% non entendemos por que non suben tamén un 8% como mínimo as axudas a sectores en dificultades a cooperación, que son piares do que son as funcións propias da Deputación”. Por se José Tomé e o seu equipo non saben que deben facer, os populares recoméndalles “preguntarlle ao señor Darío Campos de onde sacou os cartos cando o PP puxo condicións para garantirlle os anos seguintes de bo goberno na Deputación; o señor Darío Campos buscou os recursos e de aí naceron o Plan único e un plan de estradas con 15 millóns de euros”.
Castiñeira declara: “É o momento de actuar. Non pode paralizarse a Deputación de Lugo por ter un goberno que permanece impasible diante da actual situación e que só trata de imitar ao Goberno de Sánchez, que intenta que pasen as cousas e que os demais solucionen os problemas. Non admitimos iso; é o momento da Deputación e estes dous planes que propoñemos deben ser aprobados canto antes”.





















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



