Santiago de Compostela, 23 de marzo, de 2022. A portavoz de Pesca do BNG, Rosana Pérez formulou unha pregunta, polo trámite de urxencia, á conselleira de Mar, Rosa Quintana sobre as actuacións concretas e urxentes que vai desenvolver o Goberno galego para contribuír a paliar os nefastos efectos do incremento do
prezo do combustíbel pesqueiro, a perda de ingresos do sector e o amarre
total da frota pesqueira galega. Ante esta situación, a deputada do BNG urxiu ao goberno galego a poñer en marcha “medidas económicas compensatorias” para a flota amarrada e para as que iniciaron a campaña da xarda e bocarte.
Na formulación da pregunta, a deputada nacionalista explicou que no ano 2021, o prezo do gasoil pesqueiro mantívose á alza durante todo o ano e no mes de novembro, a frota pesqueira galega xa daba a “voz de alarma polo encarecemento do 60% situando o litro en 62 céntimos” e sen que “a Xunta moverá un dedo para paliar ese aumento”.
.
Dende o 2020, antes do conflito bélico en Europa, xa pesaba sobre a frota a ameaza da OMC de prohibir as exencións fiscais aos combustíbeis pesqueiros e a UE, preparaba medidas para acabar coas subvencións aos combustíbeis fósiles, consecuencia do Pacto Verde Europeo para eliminar a exención do imposto sobre hidrocarburos.
Ademais, engadiu, a Comisión Europea considera prioritaria a tributación do combustible no seu Plan Fit For 55, que ten como obxectivo reducir as emisión de gases de efecto invernadoiro nun 55% para 2030, o que suporía un gravame a partir de 2023 dun mínimo de 3 céntimos máis por litro.
Mentres todo isto ocorría, criticou a nacionalista, a conselleira do Mar anunciaba a elaboración de informes para demostrar o grave impacto destas medidas sobre máis de 4.200 buques galegos, e ao mesmo tempo, a conselleira de Medio Ambiente declaraba na reunión do Consello Consultivo de Política Medioambiental para Asuntos Comunitarios, a transcendencia do Fit For 55 que, segundo ela, “supón que, por primeira vez, a lexislación europea vai por diante da propia tecnoloxía”. A deputada do BNG preguntou cal das dúas conselleiras minte porque as informacións son totalmente “contraditorias”.
E agora, en plena loucura de prezos, e despois de máis dun ano sen tomar nin unha soa medida, obviando as súas propias competencias e querendo tapar a súa irresponsabilidade, “seguen botando balóns fóra”.
No que vai de 2022, a suba do combustíbel pesqueiro é de máis dun 107% e nos últimos 15 días pasou de 0,67 a 1,16 euros e a pesar disto, “a inacción” da Xunta e do Goberno central continua sendo “clamorosa”, recalcou a deputada.
A invasión rusa a Ucraína comezou hai un mes e, mentres vostedes seguen en permanente campaña electoral, a frota galega está amarrada a porto sen ver a día de hoxe cales son as medidas para paliar as consecuencias do amarre da flota.
Ademais da propaganda, que actuacións concretas van levar a cabo para paliar os efectos do incremento do prezo do gasoil pesqueiro, a perda de ingresos do sector, o amarre da frota e a máis que previsíbel perda de postos de traballo na pesca galega?
Tras a intervención da conselleira do Mar, Rosa Quintana, a deputada nacionalista acusou ao goberno de “non ser capaz de tomar ningunha medida” e a bonificación das taxas portuarias que anunciaron aínda non se publicaron no DOG. Nas CC.AA. queda o 50% dos impostos dos carburantes, e o orzamento de máis de 5.200.000 euros e axudas concedidas por pouco máis de 140.000 euros foron destinadas a 1.224 solicitudes presentadas das que 1.034 foron rexeitadas.
Cómpren medidas urxentes de compensación económica que palíen os amarres e sobre todo para as frotas que xa comezaron a campaña de xarda e bocarte, remarcou a nacionalista que concluíu a súa intervención pedindo ao PP que “deixe de facer campaña electoral e oposición ao goberno do estado”. Actúen como goberno galego e “atendan á cidadanía á que se deben”.





















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



