Lugo, 28 de marzo de 2022. O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá na presentación da iniciativa Conecta Lugo, que a Xunta desenvolve en colaboración coa Confederación de Empresarios desta provincia (CEL), e a través da que se abrirán dous puntos de información en Ribadeo e Monforte de Lemos para achegar asesoramento a un maior número de pemes.
Conde agradeceu á CEL a súa disposición a cooperar e insistiu na importancia da colaboración público-privada para impulsar a competitividade empresarial. Neste sentido, as novas oficinas ofrecerán axuda ás pemes, especialmente en todo o que atinxe á innovación, co foco posto naquelas con potencial pero que aínda non deron o paso. Tamén se desenvolverán actividades divulgativas, visitas a empresas e foros sectoriais para difundir entre o tecido empresarial da provincia a cultura da innovación, os apoios dispoñibles e a importancia de emprender este camiño.
O vicepresidente económico lembrou o programa de impulso á innovación das pemes, no que a Xunta está investindo 12M€ e que ten como obxectivo chegar a 15.000 empresas especialmente de núcleos non urbanos. Tamén avanzou a convocatoria dos préstamos IFI Innova, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG). Cun orzamento de 2,5M€ pon a disposición das pemes galegas axudas de ata 500.000 euros a un prazo máximo de 12 anos con catro de carencia. A previsión é mobilizar 4M€.
Conde tamén se referiu ao momento económico actual no que a recuperación se está vendo condicionada polo encarecemento progresivo da enerxía, a transición enerxética desordenada e inxusta do Goberno central, a inflación e a crise de subministracións agravada polo paro no transporte. Incidiu no compromiso da Xunta co tecido empresarial e enumerou as medidas que o Goberno galego está poñendo en marcha para paliar a situación, como a liña de avais para pemes e un programa de préstamos directos que mobilizarán 140M€; a convocatoria de 128M€ en programas de aforro enerxético para familias e empresas -entre os que destacan o Bono Enerxía Peme ou a ampliación do Renove Automoción-; así como medidas específicas para sectores estratéxicos como o mar e o agropecuario.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



