Xa tardaba. O exemplo das grandes empresas, sexan bancos ou eléctricas por iso de que estamos máis afeitos ás súas falcatruadas, ou outras, cunde e trasládase a outros nichos sociais. Se onte eran as grandes empresas as que aseguraban a súa pervivencia e ganancias por medio dos seus contactos políticos, hoxe estamos a vivir unha época na que os pequenos comercios e industrias, da hostalería ó transporte, tentan render o poder das estruturas de goberno ó seu favor, asegurando de igual xeito a garantía de ganancias.
Empresa. se consideramos o seu significado, veremos, como no dicionario da Real Academia Galega, ‘Sociedade de carácter comercial ou industrial’, ou semellante, non ‘sociedade que sempre dá ganancias’ ou cousas polo estilo. Menos aínda, despois de pretender que unha das vías de asegurar as ganancias continuadas sexa a diminución de impostos. Non para todos, claro, senón para as empresas implicadas na negociación correspondente. Digo, porque iso deixa negro sobre branco o evidente: que o financiamento desas ganancias sempiternas terá que saír dos petos dos máis, dos non incluídos nesas negociacións.
Coido que unhas negociacións, se chegan a ser negociacións, é porque abranguen temas que por algunha razón non son doados de resolver de xeito individual, e necesitan unha colectividade proactiva na procura do ben común. Polo menos, hai que partir desa base se se quere chegar a algo nunha negociación. Mais, nas actuais circunstancias, tal parece que se instalara o ‘todos contra todos’ e o ‘sálvese o máis forte’, sendo, claro, o máis débil quen non ten nin posibilidade de ser escoitados no círculo de negociación. E iso non é solución nunha comunidade, sexa do tipo estado, concello ou familia, por poñer casos a varios niveis de tamaño (e complexidade).
Aínda nos cost ver a crise ‘actual’, aumento de prezo dos combustibles, como parte dunha crise maior e como algo que nos incumbe a todos, pero tamén que nos transcende a todos, baseada no sistema de desenvolvemento elixido. Capitalismo que leva entre outras cousas a medres exponenciais para que funcione -se non medra ‘a economía’, dise que algo vai mal-, que levan a necesidades que tamén medran de xeito exponencial e que implican esgotamento de recursos limitados, redución da vida e a súa diversidade sobre o planeta ‘para facer espazo’, imposibilidade non xa de atopar enerxía abonda, senón de desfacerse da enerxía xa usada, axudando a quencer o planeta, imposibilidade de desfacerse de lixo -tanto sólido como líquido como gasoso, con implicacións diversas-, etc. Mais todo iso vai ter que cambiar se queremos un equilibrio que permita a vida no planeta -incluída a nosa, a da humanidade-. Un cambio de mentalidade que leva tempo xestándose e ó que se lle están a poñer todo tipo de atrancos interesados para que algunha xente -pouca, pero tendo en conta que nalgunha circunstancia podemos pertencer nós a esa ‘pouca xente’- poda manter avantaxes diversos sobre os máis, nun sinsentido se miramos dende o ben común.























Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.
Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.



