Procuro non mirar constantemente as novas da guerra. Tentar desactivala no que poda, edificar a paz, si, pero absorber unha tras outras as miserias humanas que se manifestan nunha guerra é nocivo, é instaurar a guerra no noso propio corpo, no noso propio ser. Aínda así, de cando en vez escoito ou paso os ollos por diante de noticias de guerra. Non de partes de guerra, senón en xeral. E non de calquera guerra, que a guerra coa que nos están bombardeando agora ten unha serie de nomes asociados: Ucraína, Putin, Rusia, Zelenski… Para min, ten xa un nome máis: muller.
As atrocidades diversas de tódalas guerras impactan, e tentar clasificalas parece unha labor inhumana, de colaboración coa propia guerra. E esa clasificación coido pode variar coa guerra ou a época na que se desenvolve. Mais como guerra, fixo que hai algunha constante. E unha delas está asociada coa parte que leva a muller nas guerras.
‘Nesta’, na guerra na Ucraína, sabemos que saíron xa millóns de persoas do país, tentando refuxiarse en Europa. Nunha Europa que di que vai acollelas de xeito dilixente mentres no Mediterráneo segue a morrer xente e mesmo algún país traizoa a cidadáns seus no deserto axudando coa escusa de evitar recibir máis inmigrantes. Ben, pois esas persoas que fuxiron a Europa son mulleres e nenos: os homes non poden saír.
Nesta guerra sucédese a desinformación, pero non cabe dúbida do sufrimento da xente. Hoxe, con minutos de diferenza, xunto unha noticia na que unha ucraína tería sido violada a punta de pistola por un ruso -unha violación máis-, con outra na que outra ucraína é atada indefensa a un poste co cu ó aire no medio dunha cidade despois de ser violada e ante a indiferenza dos transeúntes -unha muller máis-. No primeiro caso, a muller estaría gorecéndose cunha crianza nun grupo nun soto, pero ante as armas, pouco que facer, como se o ser un acto de guerra variara moitas consideracións. No segundo, a muller sería unha ‘terceira columna’ do inimigo na poboación, como se encadrando o acto nunha guerra volveran variar as consideracións. En ámbolos dous casos, de ser home seguramente o sucedido sería diferente.
É unha constante nas guerras. As mulleres son botín de guerra. Dende hai moito. Polo menos está documentado dende o mitificado rapto das Sabinas que deu pulo ó nacemento do Imperio Romano. Non son o único botín nin as únicas persoas prexudicadas, pero si unha constante que pasa por machacar ó máis débil. Sona, non? O típico acoso, que de ‘escolar’, o máis escoitado nos últimos tempos, pasa a calquera outra faceta, tempo ou lugar na vida: machacar a quen ten menos poder, está máis illado, vese máis débil. Segue a soar, verdade? E moitas veces, coa complicidade doutra xente, que se sinte poderosa polo feito de poder machacar a quen é máis débil. Revisa. Revísate.

















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



