O sábado 17 celebrouse en Foz a XI edición do Festival Aires do Masma. Nel participaron, ademais do grupo anfitrión -A Subela-, a sección de Coros y Danzas do Real Grupo Cultural Covadonga de Gijon, e a Asociación de Música e Folclore de Magallón (Zaragaza). A Praza Conde de Fontao, lugar onde se celebrou, rexistrou un cheo de público entregado ao bo facer dos tres grupos. Na foto podemos observar un momento da actuación do grupo de Magallón, grupo que ademais do repertorio de danza, deleitou aos espectadores cun cadro de jotas cantadas que arrancaron numerosos aplausos.
Grupos de Gijón, Zaragoza e A Subela de Foz, no Festival Aires do Masma
Grupos de Gijón, Zaragoza e A Subela de Foz, no Festival Aires do Masma
Relacionado
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo
-
Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación o 24 de maio ás 10:30 no Centro Sociocultural de Alfoz
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional