Viveiro, 13 de abril de 2022. O Concello de Viveiro informa que na derradeira reunión do Grupo de Participación Xuvenil comezou a artellarse a iniciativa de intercambio de libros “Colle unha historia e deixa outra”, con vistas á celebración do día do libro o próximo 23 de abril. A proposta está impulsada pola concellería de Benestar Social en colaboración coa concellería de Cultura.
Deste modo, o Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro deixará unhas caixas decoradas por eles mesmos con libros en diversos puntos da vila dende o próximo luns, 18 de abril.
“O obxectivo da iniciativa é que a xente descubra libros e lea xéneros que non está acostumada a ler”, sinala a concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde. Así, a cidadanía poderá levar un libro das caixas e deixar outro nelas, procedendo a intercambio e desfrutando das lecturas.
Con esta actividade, o Grupo de Participación Xuvenil, impulsado pola concellería de Benestar Social, reivindica a lectura como unha ferramental social e cultural accesible para todos e todas. “Agradecemos a implicación deste grupo de mozos e mozas na actividade cultural da nosa vila”, celebra a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
A próxima reunión do Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro será o mércores 11 de maio ás 16:30, na Sala Multiusos do Concello, para adolescentes entre 12 e 18 anos.
O Concello de Viveiro ten previsto anunciar proximamente outras iniciativas que completen o programa do Día do Libro.




















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



