Foz, 3 de maio de 2022. Mª Dolores Labrada, de San Martiño, é a gañadora do vale de 150 euros en produtos de Pastelería Anduriña. No sorteo, celebrado esta mañá en Radio Foz, entraron todas as persoas que fixeron as súas compras por importe de 15 euros ou máis neste local do 22 de abril ao 1 de maio durante a súa 8ª Festa da Empanada.
Moncho Castro, o propietario do establecemento, fai un balance positivo: “o balance é moi positivo. Sobre todo o que notamos é que os clientes se animaron a probar as variedades que non son tan habituais. Agora estes vindeiros días cos encargos que estamos a recibir é cando realmente notaremos o efecto que ten a festa”.
A 8ª Festa da Empanada de Pastelería Anduriña, de Foz, inclúe unha exposición de homenaxe á Coral Polifónica de Foz, que a piques está de cumprir 40 años. Moncho Castro lembra que “todos os anos por estas datas organizamos unha mostra de fotos. E neste 2022 a protagonista vai ser a Coral Polifónica de Foz. Ata o mes de setembro poderanse verse arredor de corenta fotografías e como hai tantas imaxes despois do verán en setembro amosaremos outras tantas instantáneas mais, que estarán expostas no noso local ata a vindeira Festa da Empanada”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



