NOTA DE PRENSA:
Barreiro: “Lugo é a provincia galega más castigada por Blanco no recorte orzamentario”
* O presidente dos populares lucenses salientou que, “pese a crise”, os feitos amosan que hai dous xeitos moi distinto de gobernar: “Feijoo está a cumprir todos os seus compromisos con Lugo e Blanco, non”
* Fixo un chamamento ó resto dos partidos políticos, asociacións empresarias, veciñais e sindicais para que non permanezan calados ante este grave agravio comparativo e sexan reivindicativos
* Alertou do impacto que os novos recortes de Fomento terá no mercado laboral lucense, xa de por si moi castigado polo desemprego
Lugo, a 23 de xullo de 2010.- “José Blanco non cumple con Lugo”. Así de categórico amosouse o presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro tras a comparecencia de onte no Congreso do ministro de Fomento da que se desprende a paralización da autovía A-56 Lugo-Ourense, coa anulación dos dous únicos tramos licitados (San Martiño- A Barrela Norte e San Martiño-enlace A Barrela Norte) e os retrasos que se sumarán as demoras xa acumuladas noutras infraestructuras básicas para a vertebración e o desenvolvemento da nosa provincia.
“Blanco volta a incumplir a súa palabra e xa son moitas as ocasións nas que se desdice do que prometeu” porque, segundo lembrou Barreiro, “cansouse de anunciar a bombo e platillo por eso da súa orixe lucense que os recortes que ía aplicar no seu ministerio non iba a afectar a nosa provincia. Agora xa queda claro que todo o que dixo era mentira”.
O presidente dos populares lucenses insistiu en que “Blanco vai facer pagar a Lugo a desfeita que os socialistas están a facer no Goberno do Estado” e acusouno de “ocultar con alevosía” a situación real na que se atopan todas as obras dependentes do seu ministerio.
“Imos loitar por todos os nosos medios contra esta situación, empezando por levar ó pleno da Deputación do vindeiro martes unha nova moción para esixir ó Goberno que cumpla os seus compromisos e facemos unha chamamento ó resto das forzas políticas, sociais, empresariais e sindicais, á cidadanía en xeral, a que sexan reivindicativos fronte ó agravio que está situación suporá para a nosa provincia”, explicou.
Barreiro repasou as obras pendentes na provincia por parte do Ministerio de Fomento.
Así, indicou que, segundo a planificación inicial, a autovía do Cantábrico tería que estar rematada hai dous anos. Ata hai uns días fixábase o seu remate para finais do 2011, pero está claro que xa será, “sendo optimistas”, para o 2012. Puntualizou o líder do PP lucense que os tramos que corresponde acometer á Xunta, “pese á crise”, estanse a construir.
O tramo estatal do corredor da Mariña, Barreiros-San Ciprián está aínda na fase de estudio informativo, mentres que o que lle corresponde á Xunta, San Ciprián-Ferrol está en execución.
A autovía de Lugo a Santiago tiña que estar operativa este ano, pero á espera do novo reaxuste, Fomento xa a prevía para o 2013.
O execución da autovía Lugo-Ourense, tras a anulación dos dous tramos licitados, é incerta e antes deste “duro golpe”, indicou Barreiro, xa se falaba de 2014.
Peor está a situación no que atinxe a A-76, Ponferrada-Monforte, que aínda está en estudio informativo e carece de prazo de execución. “Os lucenses aínda lembrarán as promesas que facía José Blanco antes incluso de ser ministro sobre esta estrada e que, como case todo, quedou en nada”, apuntillou.
En semellante caso atópase a A-72, Chantada-Monforte, que tamén tiña que estar operativa, pero para a que, a estas alturas, tampouco hai nin proxecto nin orzamento.
Barreiro tamén mencionou a nova pote de Lugo que, segundo dixo, de “acabarse de verdade, poderemos circular por ela con cinco antos de retraso sobre as previsións e promesas iniciais”.
Do AVE, segundo explicou, “mellor nin falar, porque Lugo é a única capital galega que quedará sin conexión”.
DÚAS FORMAS DE GOBERNAR
Tras este repaso ás infraestructuras dependentes do Ministerio de Fomento, Barreiro concluiu que “Blanco non cumple con Lugo e Núñez Feijoo, si. É así de claro e sinxelo e eso que a crise afecta a todos por igual. A realidade é que desta actitude se desprenden dos xeitos ben distintos de gobernar”
O presidente popular mencionou, ademais do tramo autonómico do corredor da Costa, as obras do corredor Sarria-Monforte, a licitación do desdobramento do tramo Nadela Sarria, o hospital de Lugo, o polígono industrial das Gándaras, o auditorio, como “algúns exemplos” de que Núñez Feijoo, pese a levar pouco máis dun ano na Xunta, está a cumprir todos os compromisos adquiridos coa provincia de Lugo: “non hai ningunha obra da Xunta en Lugo que se vira retrasada e menos aínda restrinxida. A diferencia é notoria”.
Barreiro tamén alertou das consecuencias que terá na tasa de paro da provincia o retraso na execución desta obras. “O noso mercado laboral está a pasar un dos peores momentos da historia e esto empeorará aínda máis esta situación”.

















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).