O líder do PSdeG sinala que o texto “recoñece a dureza do traballo de colectivos tan importantes como as mariscadoras a pé ou as redeiras”
Noia, 18 de maio de 2022. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, salientou hoxe en Noia que a Lei de Pesca Sostible, que vén de ser aprobada polo Consello de Ministros e comezará o debate parlamentario, recolle a “reivindicación histórica” das mulleres do mar de Galicia ao reducir en 4 anos a súa idade de xubilación.
Formoso mantivo un encontro coa Asociación Mulleres Salgadas e mariscadoras de Muros, Noia e Boiro, coas que analizou o impacto desta nova norma que permitirá aplicar esta reivindicación, reclamada dende hai máis de 20 anos, nos que leva vixente a actual Lei de Pesca Marítima do Estado.
O responsable socialista lembrou a conmemoración, hoxe 18 de maio, do Día Internacional da muller no sector marítimo, e sinalou a relevancia dun texto que “recoñece a dureza do traballo en colectivos tan importantes como son as mariscadoras a pé ou as redeiras”. Grazas a esta norma, o seu traballo verase equiparado ao dos homes do mar ou outros tipos de marisqueo.
Sinalou que os socialistas galegos “vamos pelexar no trámite de emendas” para incorporar ao colectivo das mulleres bateeiras, que “deben de estar tamén recoñecidas” nesta Lei por “sentido común e por xustiza”.
Valentín González Formoso salientou o avance histórico desta norma para 4.700 mariscadoras, redeiras, percebeiros, recolledores de algas e buzos de Galicia, que verán incrementada a protección de cara á súa xubilación. A ampliación do coeficiente redutor da idade mínima para a xubilación, que pasa dun 0,10 a un 0,15, recolle unha demanda destes colectivos que fai xustiza á dureza das súas profesións.
Xustas demandas
A aprobación da norma polo Consello de Ministros permite reducir a idade de xubilación destes colectivos, que poderán xubilarse catro anos antes da idade mínima. Salientou que o goberno demostra así que atende ás xustas demandas destes colectivos, que se verán equiparados aos mariñeiros que traballan en embarcacións de ata 10 toneladas de rexistro bruto.
A nova norma regula ademais unha utilización máis eficiente e flexible das cotas de pesca, co que facilita a planificación empresarial e optimiza o uso das cotas de pesca e dos días de esforzo asignado a España. Establece sistemas de xestión que habilitan un uso máis eficiente e flexible das cotas de pesca, e deixa aberta a posibilidade de retirar as cotas aos beneficiarios que as teñan sen utilizar.
A Lei de Pesca Sostible e Investigación Pesqueira, que inicia agora o seu trámite parlamentario, atende ao Pacto Verde Europeo a consegue garantir o equilibro entre a conservación do medio mariño e o desenvolvemento dunha actividade pesqueira rendible, atractiva para o desenvolvemento empresarial e o relevo xeracional, e consolide un sector moderno e competitivo.

















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



