
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, preside a reunión do pleno do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (COGAMADS).
Compostela, 31 de maio, 2022. Os vogais de ADEGA, a FEG (Federación Ecoloxista Galega) e a SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), representantes ecoloxistas no COGAMADS, vimos de comunicar á Presidencia deste organismo consultivo a nosa intención de non seguir participando nas reunións mentres non se debatan e voten no pleno as propostas ecoloxistas sobre a problemática eólica presentadas na anterior sesión e reiteradamente ignoradas pola conselleira Ángeles Vázquez.
Na xuntanza do COGAMADS do pasado 26 de xaneiro, varios vogais solicitamos debater e someter a votación no pleno a necesidade dunha moratoria do actual Plan Sectorial Eólico de Galicia así como da derrogación das Leis 5/2017 e 9/2021; aliás da elaboración dun informe sobre o encaixe do actual modelo enerxético na sustentabilidade e resiliencia do territorio galego. Porén, a conselleira Ángeles Vázquez eludíu tramitar estas solicitudes abandonando precipitadamente a xuntanza e mesmo deixando sen tratar o último punto da orde do día, ante a sorpresa e os protestos dos representantes das nosas organizacións. Os nosos vogais pediron daquela a constancia en acta das dúas solicitudes de votación realizadas e as irregularidades no peche abrupto da sesión, así como a convocatoria á maior brevidade posíbel dun pleno extraordinario do COGAMADS para tratar as propostas bloquedas pola Presidencia.
A acta desa reunión achegada pola secretaría do COGAMADS en absoluto reflicte estes feitos. E na orde do día da vindeira xuntanza por dúas veces adiada e finalmente axendada para este 31 de maio, comprobamos que non figuran, malia telo solicitado, o debate e valoración das propostas ecoloxistas sobre a problemática eólica furtadas do debate na sesión do 26 de xaneiro.
A nosa decisión de ausentarnos das reunións deste organismo consultivo mentres a conselleira siga incumprindo o seu regulamento, censurando o debate e impedindo o dereito ao voto dos seus membros, tomámola por hixiene democrática e respecto por unha institución, o Consello Galego de Medido Ambiente, rebaixada pola actual Xunta a un molesto e necesario trámite. Un procedemento de consulta preceitivo, no que por certo a administración conta cunha ampla maioría para impoñer o seu criterio. O comportamento da Presidencia xa que logo, só pode respostar ao intento de furtar do debate público as consecuencias do actual modelo de desenvolvemento eólico, ocultando e silenciando a preocupación que os seus impactos están a causar no ambiente e na sociedade galega.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



