Mercedes Queixas avoga por recuperar o consenso lingüístico que o PP rachou de maneira unilateral co “decreto da vergoña”, e con políticas desgaleguizadoras impulsadas dende a Xunta durante doce anos
Santiago de Compostela, 1 de Xuño, 2022. A deputada nacionalista, Mercedes Queixas presentou as propostas do BNG para a restitución do galego no “camiño da igualdade lingüística” e afirmou que a o BNG está coa maioría da sociedade galega que lle quere a lingua. Neste sentido, avanzou que urxe “impulsar un novo marco normativo após 40 anos de LNL adaptado ao contexto sociolingüístico actual, un plan social de recuperación da lingua galega na infancia e mocidade para reverter a continuada perda de falantes, un Decreto da Igualdade Lingüística no Ensino sen prohibicións para garantir o dereito de aprendizaxe e uso da lingua galega e desenvolver a Lei Paz Andrade para un maior coñecemento do portugués.
A deputada anunciou que estes catro axiomas serán desenvolvidos nun goberno liderado polo BNG e reprobou as “políticas desgaleguizadoras” impulsadas dende a Xunta por un Partido popular aliado do negacionistas, “contra a ciencia” e fora do “consenso” sociolingüístico.
Queixas urxiu ao PP a “volver ao consenso pola igualdade lingüística” e abandonar “posicións extremas de ataque ao galego” que impiden a liberdade da súa aprendizaxe e uso.
Dende o BNG, dicimos, “plurilingüísmo si, pero sempre dende o galego” porque “Amamos e defendemos a pluralidade lingüística pero nunca a custa de deixar arrombada a nosa lingua no faiado” como afirmaba Agustín Fernández Paz.
Mercedes Queixas lembrou que o Partido popular chegou ao goberno hai 13 anos abrazado á “mentira da imposición do galego” e persiste nesa mentira manipulando de forma perversa os datos negativos que confirman que “o galego é a única lingua do Estado que perde falantes”, o PP, reiterou, continua instalado no “negacionismo” e practicando “a ilegalidade, a anticiencia e o desacato”.
Ilegalidade, dixo, porque incumpre o mandato da Lei de normalización lingüística, que insta a conseguir plena competencia nas linguas oficiais ao final da etapa obrigatoria.
Anticiencia porque ignora os estudos científicos da RAG e do CCG, e os datos do IGE que testemuñan con rigor científico o incumprimento dese mandato legal e a perda de falantes. E desacato porque ignora os sucesivos informes do Consello de Europa instando á Xunta a “eliminar as limitacións para o ensino en galego en todos os niveis educativos”.
O PP practica a desigualdade desde unha política desgaleguizadora no ensino e desincentivadora nos usos sociais, sobre todo, na socialización da infancia e da mocidade nos espazos de lecer. O PP, remarcou a nacionalista, pasará a historia por “non levar ningunha medida para o avance do galego”.
Na súa intervención afirmou que os datos reflicten un nivel de coñecemento, segundo o IGE, do 23,9% da poboación entre 5 e 14 e a Real Academia Galega ven de analizar as competencias lingüísticas do alumnado ao rematar a ESO concluíndo que até o 35% do alumnado castelanfalante remata a ESO cunha escasa competencia en galego.
Por outra parte, unha investigación recente da UVigo constata que o forte investimento no ensino en inglés, ( único idioma reforzado no “plurilingüísmo” do PP), non serviu para mellorar a competencia do alumnado nesta lingua, senón para “derivar maior investimento ao ensino privado en detrimento do público”.
Os anunciados Plan de dinamización da lingua galega na mocidade (2019-2022) e mais o Plan de dinamización da lingua galega no tecido socioeconómico (2016-2020) quedaron en “papel mollado”, indicou.
Para a deputada, “o PP está privando á infancia galega da liberdade de aprender o galego” e moito nos tememos, dixo, que esta liña continuará con Rueda sobre o que non temos ningunha esperanza xa que a vista está como accedeu ao goberno, “amparando as prohibicións do galego no ensino” e secundando a grupos minoritarios contra a lingua galega.
Mercedes Queixas apelou a abrir un debate para acadar un novo marco normativo que impulse e protexa a aprendizaxe do galego e garantir a liberdade do seu uso.



















Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



