Nota de Prensa
O PLENO DO CONCELLO APROBOU POR UNANIMIDADE UNHA MOCIÓN PRESENTADA POLO BNG SOBRE AS DEFICIENCIAS EXISTENTES NO CEIP DE SAN COSME. UNHA SESIÓN NA QUE OS NACIONALISTAS DENUNCIARON TAMÉN QUE AS FINS DE SEMANA COMEZAN A PRODUCIRSE RESTRICCIÓNS DE AUGA EN BARREIROS.
Barreiros, 27 de xullo de 2010. O pleno do Concello aprobou por unanimidade unha moción presentada polo BNG sobre as deficiencias existentes no CEIP de San Cosme.
Antonio Veiga, o portavoz do Bloque en Barreiros, dixo que “tanto a ANPA deste colexio como o consello escolar dirixiron unha carta a todos os grupos políticos para que se tomasen medidas a respecto do que estaba a ocorrer nesas instalacións. E manifestaron a existencia de numerosas deficiencias coma a pista polideportiva que debe ser a única en toda a Mariña que non está cuberta, co cal a maior parte do tempo os nenos non poden xogar nin practicar alí ningún tipo de deporte, tamén se queixaron do estado das paredes que están deterioradas pola choiva e mesmo no tellado”. Desde o BNG explicaron que “outra reivindicación que xa ven de anos atrás por parte das nais e dos pais dos nenos que van ao colexio de San Cosme era poder dispoñer dun comedor para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, dado que pais e nais teñen que estar dúas veces pendentes de recoller e levar ao nenos ao transporte escolar porque van comer ás súas casas cos lóxicos transtornos que isto provoca”.
Veiga Outeiro manifestou que “a unanimidade foi total por parte de todos os grupos. Desde o Concello se dixo que xa se estaban facendo xestións, pero nós felicitámonos porque esta moción saira adiante e con total unanimidade. Instarase á Consellería de Educación a reparar as deficiencias existentes nas instalacións do colexio, pedirase que por parte de Xunta se proceda a cubrir a pista polideportiva e instarase á Xunta a que dote de servizo de comedor a dito colexio. Seguiremos atentos e vixiantes con todo o que ocorra neste centro que ten unha matrícula de 33 alumnos e a metade usan o transporte escolar, eles son os que precisarían ese comedor”.
Abastecemento de auga
O grupo municipal do BNG denunciou no pleno de onte que “volta a escasear a auga sobre todo as fins de semana pola tarde en Reinante e en San Miguel. O motivo destas restriccións é que se está a usar únicamente a auga procedente dos depósitos de Celeiro e non se está a usar a auga procedente da potabilizadora de San Miguel, dado que despois das inundacións de xuño quedou inutilizada”. Antonio Veiga suliñou que “criticamos o retraso co que se está a retirar a terra chegada tras as riadas do mes pasado. Queríamos insistir no tema da auga e por iso presentamos outro rogo que se ven producindo pleno tras pleno para que se arranxen os accesos a San Caetano que desde o 1 de novembro de 2008 están derruidos e con todas as tuberías que van desde a potabilizadora do río Masma ata os depósitos de San Caetano á intemperie, co cal en calquera momento pode producirse unha rotura que deixaría sen auga a todo o concello e podería incluso haber inundacións nas casas que están nesa zona. Esas tuberías están sen ningunha protección e sen ningunha sinalización”.
O portavoz nacionalista considera que “non é de recibo que se tarde dous anos en reparar este vial e tendo en conta que por alí pasa o groso das tuberías que levan a auga a todo o concello. A resposta da alcaldía foi que esta proposta de arranxo se lle trasladará á Xunta para que dentro das reparacións que vai a facer con motivo das inundacións do mes de xuño se inclúan aí tamén. En todo caso ata despois do verán esto non vai ser posible”.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



