Un coñecido contoumo o outro día. O seu avó, adulto novo na guerra civil, respondía cando el lle preguntaba con quen loitara: ‘Non loitei nin cos bos nin cos malos’. A cousa pódese interpretar, pero a verdade ía con sordina e con sorna xogando coas palabras. Entre ‘o bo’ e ‘o malo’ estaría ‘o regular’: loitara integrado nun batallón de Regulares. E como se lembrará, os Regulares, corpo do exército español creado no 1911 e combatentes no Rif, participaron na guerra civil integrados no exército franquista. É dicir, poderíase interpretar que non importaba que os do propio bando foran bos ou malos. Sinxelamente, en xeral, aplicábase iso de que eran os ‘meus’.
Non sei nin quixen preguntar máis sobre as circunstancias particulares dese home nin o que podía entender el por bos ou por malos na guerra civil. Para o que vén ó caso, pouco importa. O que importa é que esa actitude, en teoría de non toma de partido, implica ao menos un dobre engano, quizais máis que implícito, autoinducido. Primeiro no sentido de que non é que o home non loitara, como parece indicar o descarte que fai no enunciado da resposta, senón que si que loitou, logo encadrado nun bando. E segundo, porque non especifica a identidade de bos e malos, referida en relación á mentalidade de quen é contertulio, mais tampouco o especifica en relación á súa propia mentalidade, á súa idea. Non só se trata entón dun engano para o resto da xente, senón dunha negación e engano que é interior a quen propón a resposta. Mais o esquema de bos e malos está presente (estaba e está), e actuando: de feito, a resposta establécese neses termos, de bos e malos.
Dun avó para un neto, unha resposta enxeñosa dunha vez, pode resultar un motivo dun sorriso, pero para o conxunto social, a construción da resposta e a súa asimilación representa unha toma implícita de partido. Diríase que por inacción, por non querer actuar para definirse. Pero só é unha inacción mental, quizais desencadeada por un espírito de supervivencia, de submisión a un poder que se ve como perigoso. Pode. Ó fin, é algo que parece que se volve levar moito hoxe en día e que representa un aliñamento tácito co poder, co que se percibe como poder, claudicando antes de poñer en práctica que as persoas somos o poder e que ese poder poténciase coa unión. E así nos vai.























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



