Mudar este boom especulativo por un modelo enerxético sustentable e que beneficie a Galiza, entre os temas que levará mañá á súa reunión con Rueda
Santiago de Compostela, 5 xuño 2022. A portavoz nacional, Ana Pontón, reclama ao Goberno do PP que “deixe de abrazar ás eléctricas” e escoite o que está dicindo a cidadanía galega nas rúas “que é que non quere un boom eólico que destroza o noso territorio”, que vai “en contra do desenvolvemento sustentable do País” e “que tamén ameaza a produción de alimentos nun momento no que, se algo nos quedou claro nesta crise, é que necesitamos soberanía alimentaria”.
“Esta é a mensaxe que a xente deste País leva lanzando dunha forma contundente nos últimos tempos e pedímoslle ao PP que escoite o que hoxe tamén lle din os galegos e as galegas na rúa”, afirmou na manifestación en Santiago en contra do boom eólico especulativo e depredador convocada pola coordinadora Eólica, así non e na que participou xunto a unha destacada delegación do BNG.
Neste sentido, Pontón reiterou que esta cuestión será un dos temas que abordará na súa reunión de mañá co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como parte da axenda de prioridades ás que o BNG entende que o Goberno galego debe dar resposta.
“Unha das propostas é frear este boom eólico depredador e especulativo, porque estamos ademais no momento adecuado xa que moitos destes parques estanse tramitando agora”, incidiu, para concluír que, polo tanto, é agora “cando hai que parar este boom eólico depredador e sentarse a planificar un desenvolvemento enerxético que sexa sustentable, que respecte o medio rural e que deixe beneficios no País e non nos consellos de administración das eléctricas como pasa na actualidade”.
Pontón incidiu en que esta nova mobilización contra o modelo eólico da Xunta, celebrada nesta ocasión coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, deixa unha “mensaxe clara” tanto ao Goberno galego como ás eléctricas que están poñendo en marchas un boom eólico depredador: “Galiza non pode soportar un novo ataque ao seu territorio, un novo ataque ao medio rural”, advertiu, para engadir a continuación que o que estamos vendo “é que detrás de todos estes proxectos macroeólicos hai un interese por continuar co espolio e coa depredación de toda a vida, ao que algúns lle queren poñer a etiqueta verde, pero non coa”.
Así, indicou que esta etiquetaxe non coa entre a cidadanía “porque hai un movemento de norte a sur de todo o País, de revolta contra este boom eólico depredador que está deixando moi claro que non imos aceptar un modelo eólico que supón a depredación do territorio”, un modelo que, segundo recalcou para concluír, “o único que busca é que o lobby eléctrico siga facendo negocio e especulando”.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



