No PP lamentan que o goberno local, presidido pola socialista María Loureiro, deixara chegar a o estado actual o deterioro dos edificios
Viveiro, 05 de xuño de 2022. Unha das obrigas dos gobernos, sexa cal sexa o seu ámbito, é a de manter en boas condicións o patrimonio do que son responsables. No caso de Viveiro, o goberno presidido pola socialista María Loureiro, xa ten demostrada a súa incapacidade para acometer con éxito tal tarefa. O lamentable estado no que se atopa a antiga escola de Covas é un exemplo da desidia de Loureiro e do seu equipo para a conservación do patrimonio municipal. O portavoz dos populares de Viveiro, Óscar Rodríguez, anuncia que o seu grupo “levará unha iniciativa ao próximo pleno para que o equipo de goberno do Concello, presidido pola socialista María Loureiro, adopte as decisións necesarias para rehabilitar o edificio da antiga escola de Covas, que é un edificio que contemplou moita da vida social desta parroquia de Viveiro e que nestes momentos está en estado deplorable”. Esta é unha iniciativa que responde ás demandas dos veciños expresadas aos membros do grupo popular.
Rodríguez explica: “En Covas, as asociacións disfrutaban do edificio da vella escola para o seu día a día. Dende hai tempo, só está operativa unha parte dun dos dous edificios; o resto está en estado lamentable. A súa contorna ten tamén moi mal aspecto, porque está sen desbrozar e o acceso á primeira planta está en condicións pouco dignas”.
Os concelleiros populares avisan de que “é preciso acondicionar os edificios e a súa contorna, para que volvan prestar servizo aos distintos colectivos que posúe a parroquia de Covas”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



