Falarán Farruco Graña (presidente da A.C. Franciso Lanza) e o propio autor, Francisco Rodríguez Sánchez.
Falarán Farruco Graña (presidente da A.C. Franciso Lanza) e o propio autor, Francisco Rodríguez Sánchez.
Vaise desenvolver do 4 ao 17 de agosto. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo González, o deputado de Recursos Sostibles da Deputación de Lugo, Fran Cajoto, e o alcalde ribadense, Dani Vega. Tamén o vindeiro mes de agosto terá lugar no Cine Teatro o acto de conmemoración do 50 aniversario do Real Club Náutico de Ribadeo.
A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López, asistiu este venres ao pregón da 7ª Romaxe Viquinga do Vicedo, que ofreceu o actor Alfonso Agra. López lembrou a importancia da cita, coa que colabora a institución provincial cunha achega de case 30.000€ do Plan Deputación, que revive o pasado viquingo desta localidade mariñá. A Deputada aproveitou para convidar a veciños e visitantes a mergullarse na historia e a sumarse ás actividades que están programadas ao longo de toda a fin de semana na contorna de San Román, como son o desembarco, as batallas ou as vodas, entre moitas outras.
No acto estivo acompañada por José Manuel Romero, Conde de Fontao, que foi o encargado de facer a súa presentación. Asistiron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
Na Xunta de Goberno deste venres saíu adiante un acordo co municipio de Trabada para a construción dun centro social na Ría de Abres. Para levar a cabo este proxecto, a institución provincial achegará 190.000€ e o Concello asumirá unha cantidade de 6.253,60€. Pablo Rivera destacou que “será un edificio de planta baixa, en forma rectangular, que contará con salón social, baños e diversas zonas comúns para realizar actividades”.
Puxeron en valor a relevancia dos fondos europeos para o desenvolvemento de proxectos por parte das administracións locais; ademais de abordar distintas iniciativas que favorezan o impulso económico dos Concellos e ás que dará traslado o popular no Parlamento Europeo. Trala recente constitución da Eurocámara, Vázquez cumpre o seu compromiso de iniciar en Ribadeo a súa rolda de visitas aos municipios da provincia de Lugo. Dani Vega agradece o xesto e subliña que Ribadeo “é porta de entrada a Galicia, do Camiño Norte e tamén porta de entrada dende Europa”.
Será este 27 de xullo con música tradicional e degustación de petiscos da horta local. Ao mediodía actuación musical de Souto Ximaro. Locais participantes: Cervexaría Abadía, A taberna de Galiana, A Cova, Bodegón A Catedral, Faragullas, O Palique, Viñoteca Segundo, O Rincón, O Petisco e O Porriño.
A Coral Polifónica de Ribadeo interpretou un repertorio de música sacra na eucaristía e de música galega na ofrenda floral. O Concello de Ribadeo participou por primeira vez na devandita ofrenda floral na capital de Galicia.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital