Este mércores, 15 de xuño, finaliza o prazo de inscrición
Burela, 14 de xuño de 2022. Esta mañá realizouse no Concello de Burela a presentación oficial da IV edición da 15K A Mariña BANCO MEDIOLANUM, coa presenza do alcalde de Burela, Alfredo Llano, o edil de Deportes, Ramiro Fernández, o rexedor de Foz, Fran Cajoto, así como David Mayo, Family Banker de Banco Mediolanum, patrocinador principal da proba, entre outros.
Tras o parón por mor da COVID-19, esta proba de 15 quilómetros entre os Concellos de Foz e Burela volve este domingo 19 de xuño ás 11 horas. Ademais, previo á proba, levarase a cabo unha andaina polo mesmo percorrido, que dará comezo ás 10 horas.
As dúas probas terán como punto de saída o centro comercial Activity Center en Burela, e cruzarán meta nos aledaños da praia da Rapadoira tras desfrutar dun percorrido espectacular pola Mariña Lucense.
Esta IV edición conta cun ton solidario xa que se doará un euro de cada inscrición á asociación Xuncas-Diversia, que promoven o deporte adaptado. Ademais, hai unha fila cero cuxa recadación irá integramente destinada á mesma.
Camiseta oficial do evento, servizo de autobuses, avituallamentos, servizo de duchas e moitas sorpresas máis agardan aos máis de 200 corredores e corredoras que vivirán unha xornada de deporte e diversión. Aínda está aberto o período de inscrición a través da seguinte ligazón https://bit.ly/3EtE9tL , que finalizará mañá mércores 15 de xuño ás 23:59 horas. Poderase consultar toda a información na páxina web https://bancomediolanum15kseries.com/





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.

