Viveiro, 18 de xuño de 2022. O Concello de Viveiro informa que este luns, 20 de xuño, a nova empresa adxudicataria do servizo de limpeza viaria, recollida de lixo e punto limpo inicia a súa prestación. Trátase da empresa FCC Medio Ambiente, que conta con diversos premios e recoñecementos pola súa labor na prestación destes servizos.
Para esta contratación, o Concello de Viveiro tramitou un expediente de contratación con regulación armonizada, o que supón que se ralentizasen moito todos os prazos. A presentación de diversos recursos ao longo do procedemento tamén motivou unha ralentización na súa tramitación.
O prazo deste contrato é de catro anos, con posibilidade de prórroga de un ano máis, ata un máximo de cinco anos. O importe de adxudicación ascende a 1.081.346,33 euros.
O goberno municipal entende que este cambio implica unha mellora importante para o Concello de Viveiro, tendo en conta que se trata dunha proposta novidosa, que inclúe maquinaria de última xeración, ferramentas dixitais para o seguimento e control do servizo e novas técnicas de traballo que permiten interactuar co entorno en tempo real. Así mesmo, neste novo contrato intégranse políticas de igualdade de xénero, sostenibilidade, conciliación, educación ambiental, etc.
Outro cambio importante derivado neste novo contrato é a centralización, nunha única empresa, de varios servizos que ata o momento se viñan prestando directamente polo concello ou a través de varias empresas diferentes. Así, a partir de agora, FCC xestionará a recollida de todas as fraccións de residuos, quedando unicamente fóra o vidro; a recollida de enseres; a recollida do cartón comercial porta a porta; a xestión do punto limpo municipal e a xestión dos residuos alí depositados; a limpeza viaria, etc.
A empresa contará cunha nave en Celeiro, para albergar vestiarios e toda a maquinaría destinada á prestación do servizo e disporá, ademais, de dous espazos no casco histórico. Un destes locais será para atención ao público, no que se poderán presentar queixas, suxerencias, solicitar información, etc., achegando os servizos ao cidadán; e o outro, para almacenamento de utensilios de limpeza e vestiarios.
Está previsto tamén modificar a recollida no casco histórico, incluíndo a recollida selectiva, que non existía ata o de agora; o renovación de contenedores practicamente en todo o termo municipal; aumento na frecuencia dos baldeos, limpezas en diversas zonas, etc.
Estas melloras iranse desenvolvendo progresivamente, prevéndose que en outono a empresa poida ter implantado e desenvolto todo o seu proxecto. Dende o Concello de Viveiro considérase que todas as iniciativas previstas suporán unha mellora importante, achegando un servizo innovador, efectivo e sostible.
Tendo en conta que todo cambio implica un período de transición e adaptación, pídese comprensión para esta etapa, tendo en conta sobre todo que este nova empresa inicia a prestación do servizo no período estival, cando se triplica a poboación e se celebran eventos frecuentes e de gran magnitude.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



