Barreiros, 27 de xuño de 2022. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixo entrega hoxe das bandeiras azuis que distinguen ás praias e outros recursos turísticos da Mariña, que son “un premio ao compromiso da comarca co seu patrimonio natural e un recoñecemento ao turismo sustentable e de calidade que impulsa a Xunta de Galicia”, afirmou.
Arias lembrou que a comarca loce 22 bandeiras azuis, 18 delas en areais e as demais no Barco Museo Reina do Carmen e o Centro de Educación Medioambiental Gaia, ambos en Burela; a carpintería de Ribeira Francisco Fra, en San Cibrao (Cervo), e o porto deportivo de Ribadeo.
A Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) outorga estes distintivos de ámbito mundial en base a criterios de sustentabilidade e de servizos, e un ano máis situou a Galicia como unha referencia en España, que é, á súa vez, o país que concentra o maior número de bandeiras azuis de todo o mundo. En concreto, 1 de cada 5 bandeiras azuis do Estado corresponden a Galicia.
“O coidado do medio ambiente, que nos implica a todos, e o modelo turístico que vimos desenvolvendo dan os seus froitos un ano máis, e quero agradecer especialmente aos veciños e veciñas e aos concellos a súa contribución para acadar este novo éxito”, sinalou Arias.
O delegado fixo entrega en primeiro lugar das bandeiras azuis en Barreiros, para as praias de Fontela Valea -que a consegue por primeira vez-, Coto e A Pasada, nun acto xunto coa alcaldesa, Ana Ermida. Tamén entregou as de Foz para as praias da Rapadoira, Areoura, As Polas, Llas e Peizás; a de Xove para o areal de Esteiro, e a de Viveiro para Area. Recolléronas os respectivos alcaldes, Francisco Cajoto, Demetrio Salgueiro e María Loureiro.
Ademais das citadas, obtiveron o recoñecemento en Burela as praias da Marosa, O Portelo e Ril; en Cervo a praia do Torno; en Ribadeo a das Catedrais e Os Castros-Illas; e no Vicedo as de Abrela e Xilloi.
Criterios de excelencia
Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis en praias e portos deportivos están relacionados coa calidade das augas —que ten que ser excelente—; a seguridade e a accesibilidade; a dotación de servizos; así como coa xestión ambiental e a sustentabilidade destes espazos. Pola súa parte, os centros azuis deben fomentar a educación ambiental no litoral, o coñecemento da contorna e as alternativas de ocio.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



