Desde o departamento de Patrimonio insisten na necesidade de que tódalas actuacións que afecten ao subsolo da Praza da Catedral “deberán realizarse cun control arqueolóxico”
Mondoñedo, 4 de xullo de 2022. O Grupo Socialista de Mondoñedo preguntou na pasada sesión plenaria, celebrada o 30 de xuño, pola situación se atopan as obras da praza da Catedral despois das últimas incidencias no proxecto. Unhas obras que comezaron en decembro do 2021, e que a día de hoxe seguen se rematar.
“A praza da Catedral é o punto neurálxico das celebracións do noso concello, é incompresible que que dende máis dun ano que comezou este proxecto coa presentación da memoria no mes de xuño do 2021, a dia de hoxe, segue atopándose con inconvintes, e un ano despois aínda non estea rematado, e ademais leve xa 6 modificacións”, advirten os socialistas.
Hai que lembrar que o concello de Mondoñedo presentou diante do Consello Territorial de Patrimonio Cultural de Lugo o 6 modificado deste proxecto, diante da comisión que celebra este consello no mes de maio do 2022. Este proceso comezou o pasado xuño de 2021, cando o Concello de Mondoñedo envía o informe das obras de acondicionamento da Praza da Catedral. Un proxecto modificado, redactado e reaxustado pola arquitecta Gloria Trigo contratado polo Concello para tal fin.
Tal e como consta na memoria deste proxecto esta obra incluía a “desmontaxe das pezas de escaleira de acceso a soportais co fin de poder executar a nova rampla. Conservaranse as pezas retiradas co fin de usalas nos traballos de reparación do canal de desaugadoiro”.
Así as cousas, e tal e como se explica no informe da arquitecta “unha vez iniciadas as obras, constátase que non se pode levantar a pedra do pavimento do solo da praza sen romper; cando a proposta previa consistía en levantala para, posteriormente, recolocala. Así mesmo, compróbase que o pavimento da parte alta da praza, que se pretendía substituír, pódese conservar; polo que se substitúe esta partida pola nova pedra que haberá que repoñer na praza. E para non modificar o presuposto do proxecto, conservarase o pavimento de lastras de granito existente na rúa Pardo de Cela e o encontro entre esta rúa coa rúa Pascual Veiga resolverase tamén con lastras de granito”, segundo se recolle no devandito informe.
No que se refire aos proxectos previos na zona dos cantóns propoñíase o levantado total do pavimento sobre o canal de pedra que discorre paralelo ás fachadas das casas. Ante a dificultade de conseguir pedra do mesmo tipo que a existente, proponse a construción de tres arquetas de acceso e control para acceder ao canal facilmente sen necesidade de levantar o pavimento. As novas arquetas remataranse de pedra que se aproveitará da que se levante. No caso de que non sexa posible o seu aproveitamento, buscarase pedra igual á existente para revestir as tapas das arquetas. Desde o departamento de Patrimonio insisten na necesidade de que tódalas actuacións que afecten ao subsolo da Praza da Catedral “deberán realizarse cun control arqueolóxico”.
Obras no muro na rúa Pascual Veiga
Nesta mesma sesión plenaria tamén interpelaron ao goberno municipal sobre comezo das obras de reposición no muro da rúa Pascual Veiga, “onde avanzaron que comezarán no mes setembro para non entorpecer a celebración do mercado medieval”.

























A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.
As persoas que non puideron obter a súa entrada durante o período de reserva anticipada poderán recoller as entradas restantes o propio día da función, mércores 5 de agosto, a partir das 20:00 horas, na taquilla do Teatro Pastor Díaz. A entrega realizarase ata completar a capacidade do recinto, cun máximo de catro entradas por persoa. O Concello de Viveiro agradece a excelente acollida que está a ter esta representación e lamenta as molestias que esta situación poida ocasionar.
Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.



