Barreiros, 3 de agosto de 2022. O Concello de Barreiros vén de poñer en funcionamento o servizo de prevención e extinción de incendios forestais, ao que se suma unha brigada forestal para xunto co persoal de motobomba, desenvolver estas labores durante tres meses. Serán así un total de oito persoas as encargadas de executar as labores no servizo de prevención de incendios forestais baixo a coordinación do distrito forestal.
O concelleiro de medio rural, Dámaso Ratoeira, visitou onte aos integrantes da mesma para comprobar in situ as labores de desbroces que xa comenzaron a realizar. O responsable municipal explica que “despois de moitos anos sen contar con brigada municipal conveniada coa Xunta de Galicia, o actual goberno tivo a posibilidade este ano de contar con este persoal fundamental na loita contra os incendios forestais”.
Ratoeira explicou que “nestes tres anos atrás tan só tivemos posibilidade de asinar adendas ao convenio que xa viña do goberno anterior, polo que só se contaba con persoal para a motobomba. Pero este ano, a Xunta permitiu a sinatura de novos convenios, no que solicitamos, ademais da motobomba, persoal de brigada”.
A alcaldesa, Ana Ermida, trasladou a necesidade de mellorar a contratación e a dispoñibilidade de recursos na loita contra os incendios forestais xa que, asegura, “é cada vez máis complicado para os concellos contar con persoal suficiente para a constitución das brigadas e, neste ano, produciuse ademais un retraso na sinatura dos convenios que fixo que nestes momentos os efectivos incorporados sexan moi escasos”.
Ermida sinalou que a coordinación entre administracións ten que ser fundamental en servizos deste tipo, mais os concellos non poden seguir asumindo a contratación de persoal que cada vez escasea máis e que dificulta enormemente a posta en marcha do servizo. “Esto vése claramente cando a día 3 de agosto hai menos de media ducia de concellos desta comarca co persoal incorporado”.
A alcaldesa non quixo esquecer tampouco a escaseza de medios materiais, como as motobombas, que impiden en moitos casos conveniar aos concellos; ao tratarse de vehículos moi antigos, con grandes avarías que penalizan aos municipios que deciden prestar este servizo, tendo que asumir os custos do servizo en caso de non esttar dipoñibles por avarías.
A brigada de Barreiros comezou a funcionar con 4 persoas e prevé a incorporación dunha quinta a mediados de mes, unha vez pasadas as probas e formación precisas.
Ademais destas cinco persoas de brigada, Barreiros conta con tres persoas que atenden a motobomba en horario de 7 da mañá a 11 da noite durante estes tres meses, segundo os cuadrantes validados polo correspondente distrito forestal.























Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



