Os terreos superan os 25.000 metros cadrados e servirán para crear novos servizos moi demandados como residencias, instalacións deportivas ou escolares
Burela, 5 de agosto de 2022. O Concello de Burela informa da aprobación na sesión plenaria celebrada este xoves do expediente para iniciar os trámites de compra de solares na rúa Torques e do Instituto. O obxectivo principal desta proposta de alcaldía é a de ampliar a rede de servizos públicos na localidade adquirindo solo dotacional como primeiro paso para agrandar as posibilidades do concello.
O rexedor, Alfredo Llano, explicou que o concello mercará terreos que superan os 25.000 metros cadrados pola vía da expropiación, “o cal xa está falado previamente cos propietarios, que son coñecedores desta situación”, subliñou, de xeito que “chegaremos a un acordo satisfactorio para ambas partes, tanto para eles como para o concello”.
A motivación principal desta compra responde a unha necesidade latente de crear novos servizos públicos como residencias para persoas con diversidade funcional, facilitar a construción de instalacións deportivas ou mesmo dar resposta a determinadas peticións no eido escolar. “Queremos seguir buscando posibilidades para crear unha rede forte no sector público que dea cobertura a moitas das demandas que nos fan chegar e que son necesarias para o progreso de Burela”, definiu o alcalde.
Ademais, o pleno deu luz verde ao calendario de festivos para a anualidade 2023, sendo días non laborais no municipio o martes de entroido e o luns das festas patronais.
Por outra banda, tamén saíu adiante unha proposta de alcaldía demandada pola Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, urxindo cunha serie de peticións concretas a solucionar por parte da administración autonómica as eivas en materia sanitaria que están a sufrir tantos os veciños e veciñas da localidade e comarca, como os profesionais sanitarios cunha excesiva carga de traballo. Deste xeito, solicitarase entre outras cousas que se garanta a cobertura das necesidades existentes nos servizos que se foron desmantelando nos últimos anos e que se contraten profesionais suficientes para atender aos pacientes, acurtando os dilatados prazos de agarda.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



