Tarde e mal vén de aprobar o Concello os orzamentos deste ano. Houbo que esperar o mes de agosto para que o PP local preséntase unha alternativa á anómala situación de permanecer a estas alturas coas contas prorrogadas do ano anterior. Máis unha vez, o PP cervense intenta enmascarar a inacción e desleixo que o caracterizan coa maquillaxe dos últimos meses de mandato.
Presumen de seren unhas contas de gran contido “social”, cando en realidade non son máis ca unha repetición das anteriores co engadido dun incremento do 250,86%!!! en “obras”. Como cada catro anos, o goberno local de Cervo patrocina a campaña do PP para as eleccións cos cartos do pobo. Tres anos e pico de abandono, desorganización, ausencia total de planificación e/ou iniciativas de calado que produzan riqueza para o concello; tres anos sen facer nada para utilizar os cartos de todos a última hora en pequenas obras con foto para a prensa. Ese é o seu único proxecto para Cervo, o único que sabe facer o PP de Cervo cos cartos desde hai moitos anos: propaganda e redes clientelares.
Somos o concello máis rico de Galiza… e de que nos serve?, en que se nota? O PP elude a súa responsabilidade e non orzamenta cartos para infraestruturas nin servizos; a asistencia social, urbanismo, defensa das parroquias, iniciativas culturais, ecolóxicas, de promoción industrial… son cuestións menores para o PP, só preocupado en fortalecer a rede clientelar e de favores que teñen montada, financiada cos cartos de todos e todas as cervenses.
Un exemplo claro, que é extrapolable ao resto de responsabilidades abandonadas por este goberno local, é a programación cultural: carente de planificación e continuidade durante o ano, mediocre, desorganizada… Basicamente, consiste en apañar a última hora o que sobra dos circuítos culturais programados por outros organismos. En Cervo, a pesar dos cartos cos que se conta e do histórico compoñente cultural que nos diferenza doutras localidades, non hai ciclos de conferencias, teatro estable, carecemos de ningún festival ou evento cultural de importancia e a promoción cultural redúcese a algún que outro vídeo nas redes. Non son capaces nin de publicitar ben as escasas iniciativas que se realizan. Non esquecemos (nin esqueceremos) que non foron capaces (ou non quixeron) nin tan sequera celebrar o centenario de Isaac Díaz Pardo, fillo predilecto de Cervo, e o seu recordo e homenaxe están totalmente proscritos no PP cervense, non vaia ser que se enfade o actual patrón de Sargadelos e peche a billa dos enchufes e favores.
E ese é o futuro que nos ofrece o PP de Cervo: ausencia de traballo, de planificación, e improvisación. Cambiarán as caras, pero se non se cambian as políticas, Cervo continuará perdendo poboación, industria, comercio, servizos, médicos, deteriorando o entorno natural e esquecendo por completo calquera iniciativa, cultural ou económica, que realmente cree riqueza para os e as cervenses.
Diego Fernández Martínez, portavoz municipal.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



