Abadín, 31 de agosto de 2022. A familia de José Bona Gil, da parroquia de Vilarente (Cabanela), continúan coas súas protestas por mor da falla de auga no seu domicilio particular, no que residen un total de 5 veciños. Hoxe o cabeza de familia, José, encadeouse ás portas do Concello de Abadín para protestar pola situación que está padecendo a súa familia. Uns minutos máis tarde a Garda Civil fíxolle depoñer a súa actitude, e nestes intres segue manifestándose diante do Concello.
O Voceiro Socialista, Pablo Díaz, que xa se fixo eco en diversas ocasións das súas queixas, lembra que estes veciños levan sufrindo esta situación dende o ano 2011. Explica que nesta parroquia de Vilarente non existe saneamento municipal, nin abastecemento de auga. Advirten de que a traída de auga municipal que abastece a este núcleo do municipio “é ilegal”, e lembran que o propio Concello de Abadín xa foi sancionado por este motivo.
Pablo Díaz lamenta a falla de colaboración e diálogo do Alcalde e do seu Goberno do PP de Abadín, “xa que en vez de solventar esta situación provisionalmente con cisternas de auga ou con motombombas, non fai absolutamente nada e opta por darlle as costas aos veciños”, denunciou. Ademais, lembra que neste domicilio viven 5 persoas, “unha delas con mobilidade reducida e que precisa de coidados excepcionais que non está a ser atendido correctamente”.
“En Vilarente hai unha familia sen auga e ao Alcalde dálle igual, o noso rexedor cobra a fin de mes o seu soldo, pero non soluciona nin un só problema dos nosos veciños e veciñas. Queremos un goberno serio e responsable e non un cobrador, queremos un Goberno que saiba xestionar e atender ás demandas da veciñanza. Por favor, as familias non poden máis. Abra ás portas do Concello e atenda as súas peticións. Esta familia só reclama ter dereito a un ben universal, ter dereito á auga no seu domicilio. Faga algo xa”, subliñou o Voceiro Socialista.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



