Ribadeo, 15 de setembro de 2022. Dous profesores de Turquía visitarán A Mariña durante 10 días no próximo mes de outubro nunha actividade organizada pola Asociación de Profesores Técnicos e de Ensino Secundario de Automoción de Galicia (APAGA), que ten a súa sede en Ribadeo. Ademais APAGA creará unha rede europea de formación de aprendices e poñerá en marcha acciones en países de África, América Latina e Asia.
O presidente do colectivo, Álvaro Doural, explica que “APAGA es una de la 300 entidades con acreditación Erasmus hasta el año 2027 en el ámbito de la Formación Profesional en España. En este momento tiene activos tres proyectos de movilidad para alumnos de grado medio y FP Básica, formadores y técnicos de empresas. A finales del mes de agosto han terminado dos proyectos: de buenas prácticas sobre la formación de aprendices y de innovación sobre vehículos eléctricos”.
Álvaro Doural salienta que “otra labor importante que está realizando la asociación es dar a conocer nuestra comarca y en octubre dos profesores de Turquía estarán con nosotros 10 días visitando empresas, instituciones educativas y zonas de interés cultural”.
O presidente de APAGA tamén anuncia que “a finales de octubre la asociación contará con una red europea sobre formación de aprendices, compuesta por empresas y entidades educativas y creada mediante el proyecto de buenas prácticas sobre la formación de aprendices. Es un paso muy importante en el proceso de internacionalización de la entidad en lo que lleva trabajando la asociación desde 2014. Y, mediante el proyecto de movilidad de 2022, la asociación pondrá en marcha acciones en otros continentes, como África, América latina y Asia”.
APAGA conta actualmente con 280 asociados, residentes en Galicia, Murcia, Madrid, Asturias, Pamplona, Zamora e Salamanca. Ademais ten socios europeos: en Italia, Grecia, Croacia, Turquía, Finlandia, Suecia, Portugal, Francia, República Checa, Dinamarca, Estonia e Alemaña.
As actividades de APAGA foron presentadas polo seu presidente, Álvaro Doural, e pola responsable de proxectos europeos da asociación, Sandra Gómez.




















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



