Lugo, 20 de setembro, 2022. A UNED de Lugo ten o gusto de presentar este interesante ciclo de conferencias a preto de uno os maiores retos da historia recente.
Ao longo do ciclo contaremos coa visión de catro figuras de gran relevancia no campo da xeopolítica, a economía, a enerxía e o medio ambiente.
O ciclo inaugurarase co relatorio de D. Miguel Ángel Ballesteros Martín, director do Departamento de Seguridade Nacional do Gabinete da Presidencia do Goberno de España, xeneral de Brigada de artillería. Na súa conferencia analizará o papel De España e a Unión Europea #ante as consecuencias provocados pola guerra en Ucraína.
Para reflexionar sobre os desafíos actuais das políticas climáticas e enerxéticas, contaremos con D. Javier Labandeira Villot, catedrático de economía na Universidade de Vigo, integrante pertence ao grupo de investigación Rede e do Centro de Investigación galego ECOBAS, director de Economics for Energy e membro do grupo intergobernamental sobre cambio climático da ONU (IPCC) para elaboración do seu quinto e sexto informes de avaliación.
Tamén, analizaremos a guerra paralela a nivel informativo e tecnolóxico que se está librando no mundo dixital da man da profesora da UNED e do departamento de Socioloxía, ciencia política e da administración da Universidade de Vigo, Dª. Rosa Ricoy Casas.
Para completar a panorámica do mundo actual, deterémonos na análise das políticas migratorias coa profesora do Departamento de Economía Aplicada e Xestión Pública da UNED, Dª. Myriam C. González Rabanal.
O relatorio inaugural impartido polo xeneral Ballesteros levará a cabo o xoves 6 de outubro ás 18.30 horas no Salón de Actos da UNED.
A matrícula para esta actividade, en modo presencia ou on-line, é totalmente gratuíta e deberá de cursarse a través da páxina da UNED. https://extension.uned.es/actividade/27950&codigo=EYLND



















No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



