Desde o grupo municipal denuncian a situación de abandono da lancha na Ría de Ribadeo, neste momento tirada nun taller, provoca que o servicio de protección este baixo mínimos
Ribadeo, 15 de setembro de 2022. O grupo municipal do PP en Ribadeo insta ao goberno do BNG a “comezar co arranxo da lancha de protección civil abandonada na ría de Ribadeo e fomentar a rede de voluntariado deste grupo para o noso concello”. A vicevoceira, Elena Sierra, traslada as queixas dos veciños ante a situación de abandono da zodiac. o goberno do BNG debeu recibir as mesmas queixas e “agora rápido e por atrás a teñen abandonada nun taller pechado”.
A embarcación foi entregada pola Xunta de Galicia para axudar coas labores de vixilancia e salvamento. A protección civil xoga un papel fundamental nos concellos e debe ter material para o seu traballo. “Nós preguntámonos onde se atopa o material de salvamento que foi entregado pola Xunta, e tamén por qué se abandona un material tan necasario para que protección civil poida facer os seus distintos traballos” di a vicevoceira.
Para os populares a desidia e a falta do goberno é un problema. A falta de colaboración cos voluntarios de protección civil vese que“a xente dase de baixa ata chegar baixo mínimos” Elena Sierra dalle as gracias a todos os voluntarios de protección civil polo traballo que realizan a maioria de veces sin os medios correspondentes para facer a súa labor. Ademais desde o grupo trasladaron que




















O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



