29 compañías xirarán polos concellos desde esta fin de semana ata decembro, con propostas para todos os públicos
Lugo, 13 de outubro de 2022. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro Afeccionado, que inclúe 87 representacións espalladas por todas as comarcas. Vintenove compañías –dez máis que na última edición- representan as súas obras no marco deste programa, co que a área de Cultura mantén o apoio ás artes escénicas e ofrece a asociacións e concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais.
Trátase de Asociación Cultural Abrente (As Nogais), Alentía Teatro (Palas de Rei), Metátese Teatro (Palas de Rei), Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla, Falcatrueiros (Monterroso), Argalleiras (Chantada), Teatreiras (Monforte), Viraventos (Monforte), Hipócrita Teatro (Lugo), Grupo de Teatro do Hospital – HULA (Lugo), Os Palimoquiños (Lugo), Nova Escena (Lugo), Curuxan Teatro Impro (Lugo), Grupo de Teatro Down (Lugo), Os Pinchacarneiros (Lugo), Lume Escénico (A Pontenova), O Centiño (Foz), O Torques (Burela), Pico do Castro (Foz), Axóuxeres (Vilaronte, Foz), A Mariña (Cervo), A Adala (Foz), Colectivo Cultural Ollomao (Barreiros), Bordelo (Cervo), Borguete Teatro (Vilalba), Os Trocos (Castro de Rei), Os Baluros (Castro de Rei), Chimchiribote (Pol) e Rebuldeira (Sarria).
A área de Cultura xestionou o calendario, atendendo á dispoñibilidade das compañías e as preferencias dos concellos e asociacións interesadas, e financia íntegramente as actuacións.
A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro, que se reuniu esta mañá no Pazo de San Marcos con representantes das compañías que participan no circuíto, agradeceu “a súa implicación e colaboración para sacar adiante esta programación” e valorou “a participación de dez compañías máis que na última edición, como unha confirmación da volta á normalidade no ámbito do teatro afeccionado, unha rede creativa que é importante non só polo seu traballo na escena se non tamén por canalizar a creatividade e as inquedanzas artísticas e culturais de persoas de distintas xeneracións”
Maite Ferreiro subliñou que “coas 87 representacións previstas, a programación chegará practicamente todos os concellos, espallando o teatro e a cultura por todo o territorio, atendendo especialmente aos concellos rurais, que non participan doutros circuítos culturais”
O Circuíto e Teatro Afeccionado artéllase en catro ciclos en función das temáticas e públicos das obras propostas polas compañías, entre as que se atopan traxicomedias de intriga nas que o suspense se adereza con humor negro; funcións que abordan, a través de historias cotiás, problemáticas sociais como a desigualdade de xénero ou pezas cómicas e costumistas nas que os protagonistas son arquetipos sociais, pasando por adaptacións de obras clásicas da literatura.
Primeiras representacións, esta fin de semana
As primeiras representacións desenvolveranse esta fin de semana. A compañía focense Axóuxeres representa “Cousas de mulleres” na Casa da Cultural do Vicedo o sábado ás 20.00 horas. O domingo, o Colectivo Cultural Ollomao pon en escena “O documento”, no Centro Social de Cangas, en Fóz, ás 19.00 horas.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



