Os populares cren que “no pleno extraordinario para aprobar as contas do 2021 quedou constatado que ao goberno do PSOE só lle interesa a propaganda, non os bureleses”
Burela, 28 de outubro de 2022. Os populares de Burela condenan que “ao goberno local socialista só lle interesa facer propaganda; pero pouco ou nada lle importan os negocios e as familias de Burela”. O voceiro, Manuel Rouco, explica tralo pleno extraordinario deste venres que “quedou constatado que o goberno local do señor Llano só repartiu 58.000 euros dos 181.000 euros anunciados para o ano 2021 en axudas ao comercio, hostalería e ás familias máis afectadas pola covid-19; é dicir, só un 32% do total anunciado”. Así o recollen as contas do 2021 que o goberno local levou ao pleno extraordinario para a súa aprobación e que logrou sacar adiante “grazas á colaboración servil do BNG”.
“Segundo o informe de intervención, dos 125.000 euros tantas veces anunciados para a axuda a negocios e comercios de Burela, o goberno local só repartiu 25.000 euros. Dos 30.000 euros anunciados para o sector da hostalería só se repartiron 13.000 euros e dos 26.000 para axudar ás familias necesitadas só se repartiron 20.000 euros”, explica o popular. “En total, repartiron menos dun terzo do total do diñeiro que anunciaban unha e outra vez; pero que, lamentablemente, os negocios e familias non chegaron a percibir. Este feito demostra unha falta de empatía do goberno local cos comercios, a hostalería e as familias; ademais dunha nefasta xestión destas axudas”.
Por outra banda, os populares non entenden a urxencia do outro punto da orde do día da sesión extraordinaria que tamén saíu adiante, de novo, co apoio do BNG: a transformación dunha praza de inspector da Policía Local noutra de oficial para a nosa vila. O que si consideran urxente dende o Grupo Municipal Popular é o que lles trasladan dende a Policía Local de Burela: “a necesidade de ampliar o cadro de persoal do departamento e o incremento do salario dos efectivos”.
Demandas da Policía Local: máis persoal e máis salario
Rouco explica que “agora mesmo o departamento conta con seis policías locais e un oficial cando podería dispoñer de oito policías locais e un oficial, segundo recolle a Relación de Postos de Traballo existente agora mesmo no Concello. Pero en lugar de priorizar a contratación de dous policías locais máis, o goberno do señor Llano o que fai é transformar unha praza de inspector noutra de oficial”.
“Segundo a proposta da alcaldía, este cambio débese a que consideran conveniente que haxa un oficial en cada garda; pero iso non é factible porque non é posible que dous oficiais estean cubrindo tódalas quendas en Burela. O que si sería factible coa ampliación da plantilla é que houbera un servizo de policía local 24 horas 7 días á semana, algo que agora mesmo non existe porque non hai quenda de noite dende fai moito tempo”, aseguran dende o PP local.
“O incremento salarial que tamén demandan -vinculado á Relación de Postos de Traballo que o señor Llano fixo como promesa electoral e non está a cumprir- é xusto porque os membros da Policía Local de Burela son os que menos cobran de toda a comarca da Mariña”, sinalan os populares.
Posicionamento servil do BNG
“Unha vez máis o Grupo Municipal Popular foi o que fiscalizou as accións do goberno local e se opuxo á desfeita sistemática que está a levar a cabo o goberno de Llano na nosa vila” porque “o posicionamento servil do BNG en sesión plenaria permitiu que saíran adiante as dúas propostas do goberno local do PSOE”, concluíu Rouco.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



