O Valadouro, sábado 29 de outubro 2022. Na mañá de hoxe o BNG proseguíu na campaña de recollida de sinaturas en apoio á ILP sobre medidas urxentes para a Atención Primaria que promoven colectivos sociais como SOS Sanidade Pública ou a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña. Xunto co tenente de alcalde do Valadouro, Eduardo Chao e o tamén concelleiro nacionalista Eliseo Teijeiro estiveron presentes o deputado mariñao Daniel Castro e o responsable comarcal da formación, Antonio Veiga, que así mesmo participaron na recollida de sinaturas e na divulgación de información a respecto da grave situación que atravesa a atención primaria, ao mesmo tempo que atenderon tamén as demandas da veciñanza, destacando entre elas o malestar pola ausencia de servizo de pediatría nos concellos de O Valadouro e Alfoz.
A sanidade pública de todo o país está a pasar por un dos peores momentos con múltiples problemas tanto na atención hospitalaria, coma na atención primaria. Como é sabido, as políticas sanitarias do Partido Popular levaron a esta situación que se fai notar, e dun xeito moi acusado na nosa comarca, na Mariña e neste sentido o deputado mariñao Daniel Castro manifestou que “o Bng sempre está e estará na defensa dunha sanidade pública digna, dunha sanidade pública do século XXI e por eso esta iniciativa lexislativa que apoiamos tén que servir para frear as políticas contra a sanidade pública que está a levar adiante o PP”.
Desde o BNG, Chao e Eliseo Teijeiro anunciaron que proseguirán nos vindeiros días tamén con esta iniciativa. “Desde O Valadouro, donde sufrimos xa os recortes coa ausencia do servizo de pediatría, temos que respaldar esta ILP para que chegue ao Parlamento cos máximos apoios e o PP teña que rectificar a súa política de desmantelamento da sanidade pública”, afirmaron.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



