A vicevoceira popular de Ribadeo puntualiza que “es una promesa que no concreta absolutamente nada”
Ribadeo, 1 de novembro de 2022. A vicevoceira popular de Ribadeo, Elena Sierra, considera que o anuncio do goberno local do BNG sobre o proxecto para a mellora do acceso á praia do Cargadeiro é “una promesa electoral” pola que os veciños e veciñas tiveron que agardar “tres años”.
O Grupo Municipal Popular de Ribadeo leva tempo reclamando xestións por parte do goberno do BNG para o arranxo do acceso á praia do Cargadeiro, un areal moi empregado polos veciños e veciñas por ser o máis próximo ao casco urbano da vila e que, polo tanto, lles permite achegarse a pé.
Sierra sinala: “Una promesa que llega a pocos meses de las elecciones municipales y en la que non se concreta absolutamente nada. El gobierno del BNG nunca dió la cara ante estos vecinos que llevan tres años reivindicando, sistematicamente, el arreglo del acceso a esta playa y nosotros con ellos llevando este asunto a pleno y escuchando mentiras. Y lo más grave no es que nos mientan a nosotros, sino a los vecinos de Ribadeo”.
A vicevoceira popular lembra que “el alcalde ponía como excusa a los informes técnicos que realiza el Servicio de Costas del Estado y también que se requería una cuantiosa inversión”. Agora o goberno local deu a coñecer un proxecto por un orzamento de 47.000 euros que deberá aportar Costas, “no el Ayuntamiento”.
CUMPRIR COS VECIÑOS É ESCOITAR AOS AFECTADOS
Sierra considera “muchas promesas porque llegan las elecciones municipales, pero muy pocas realidades”. Nese sentido, sinala que “si tanto quieren cumplir con los vecinos, lo primero es ir a hablar con los que estuvieron reivindicando este arreglo”.
“Nosotros si nos reuniremos con ellos para explicarles las cosas porque lo merecen. Son los verdaderos artífices de que esta playa se arregle”, conclúe a vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo.






















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



