Castro denunciou a actitude do goberno central e o PP de “botarse as culpas entre si e logo non facer nada”, exixiu á Xunta intervir en Alcoa e a “participación pública” da administración galega no desenvolvemento socioeconómico de Galiza
Santiago de Compostela, 9 de novembro 2022. O BNG propuxo no Parlamento o deseño dun Plan de Industrialización e Emprego para A Mariña, cun orzamento consignado para o primeiro trimestre de 2023. Ademais, propuxo a activación dun Plan de Desenvolvemento Industrial que forneza a innovación galega, diversifique a súa economía e unha compensación á exportación de enerxía eléctrica producida en Galiza mediante a rebaixa nas peaxes.
“Pedimos que lle demanden ao Estado que se exportamos enerxía eléctrica teñamos un abaratamento das peaxes, pedimos que exista certeza xurídica, participación cidadá e custodia medioambiental”, esixiu Daniel Castro. O deputado do BNG acusou ao Goberno do PP de ser “o maior inimigo da empresa galega, porque non salvan ningunha e non conseguen que se instale ningunha outra”, en referencia á parálise que os Populares provocan no progreso da economía da Mariña mediante “a paralización dos polígonos industriais de Valadouro e Muras”. Castro tamén denunciou “os incumprimentos continuados” de Alcoa á hora de reabrir as cubas e aplicar o plan de inversións.
Neste sentido, recriminou a atitude dun PP “que quere empregar a situación de Alcoa e o sufrimento da xente para que os seus amigos gañen máis diñeiro colocando eólicos onde a lei non lles deixa”, dixo en referencia aos procesos de tramitación de novos parques eólicos fóra da área de Desenvolvemento Eólico, “se os postos de traballo en Alcoa non se manteñen, que vai pasar con estes parques eólicos?, preguntoulle á bancada popular.
A alternativa do BNG para unha Galiza onde a enerxía e a sostibilidade non están en conflito.
O parlamentario nacionalista criticou a política “de balóns fóra” do goberno central e o Goberno do PP, “cando sae o Estado, sae Conde, cando sae unha ministra, sae o presidente da Xunta”, ironizou. Ademais, demandou á Xunta “cumprir coas súas obrigas” e esixirlle ao goberno central para “esixirlle a Alcoa a realizar as inversións pactadas para garantir o rearranque das cubas para xaneiro do 2024” e manter deste xeito todos os postos de traballo. Incidiu, tamén, na diversificación da economía da Mariña, “porque o PP é moi de pensar que só se pode vivir de Alcoa, pero precisamos diversificación industrial para garantir o benestar”.
Castro defendeu a alternativa de goberno do BNG, “que cre, como marcan os nosos tempos, na participación pública do sector, xa que como din as traballadoras e traballadores de Alcoa, a solución é a intervención”.
Dentro das propostas, ademais do Plan de Industrialización e Emprego e o de Desenvolvemento Industrial, inclúese a planificación enerxética de Galiza para aproveitar o potencial a exportación eléctrica do País, ordenar o sector e dar certeza xurídica á protección do medioambiente. Propostas todas que se atoparon coa falta de debate e desinterese dun Goberno do PP esgotado e sen propostas de futuro para o crecemento e progreso da Mariña lucense.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



