No PP cren que Rivera “é un problema, un obstáculo para a boa xestión dos fondos europeos”
Lugo, 5 de decembro de 2022. Os fondos europeos para a recuperación son un recurso necesario e imprescindible para a provincia. Á vista do caos no traballo efectuado para conseguir tales fondos, o PP insta ao presidente da Deputación, José Tomé, “a que aparte ao señor Pablo Rivera da xestión dos fondos Next Generation” e ofrece a colaboración do grupo popular, aínda que avisa de que tal colaboración non será “para facer o ridículo como a día de hoxe parece estar facendo a Deputación de Lugo”. Rivera asume a xestión de proxectos europeos, innovación, TICs e transparencia, entre outras competencias.
O portavoz dos populares, Javier Castiñeira, sinala: “O Partido Popular quere denunciar o absoluto desbaraxuste e a falta de organización da Deputación de Lugo respecto da xestión de posibles fondos europeos para a recuperación. No pleno de xullo do 2021, o señor Pablo Rivera dubidaba de que as deputacións tiveran a posibilidade de optar a estes fondos e negáronse incluso a cooperar coa asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo, como propoñía naquel momento o PP”. Castiñeira tamén explica: “Ao pouco tempo coñecemos que contrataron a unha consultora externa para facer un estudo sobre os mesmos, do cal o PP non sabe nada, nin se nos deu ningunha información”.
En febreiro do 2022, os populares levaron ao pleno “unha moción para solicitar que con cargo aos fondos Next Generation se efectuase a dixitalización do inventario de estradas e o señor Rivera dixo que era unha chorrada; pois ben, na máis recente xunta de goberno confirmaron que están interesados”. Castiñeira di: “Está claro que o señor Rivera é un problema, un obstáculo para a boa xestión destes fondos posto que non acerta nin a primeira. Agora vimos de escoitar que queren sacar unha nova versión do Innovate, despois de fracasar as dúas primeiras, que supuxo tirar pola borda case 25 millóns de euros”. Por elo, os populares demanda de Tomé que aparte a Pablo Rivera da xestión dos fondos Next Generation e que, se quere recoller as propostas do PP, como no caso do inventario dixital das estradas, estamos a súa enteira disposición”.


















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



