Os “Megacamións” chegan a alcanzar 60 Tn e 25,25 metros de lonxitude
A Mariña, 9 de decembro 2022. A Garda Civil da Mariña Lucense, no marco dun operativo masivo (D.O.M.A), dispositivo policial onde se realizan mostraxes de alcol, drogas, controis de velocidade e inspección de vehículos, efectuado no P.K. 522 da autovía A8, procedeu a dar o alto a un vehículo articulado de 60.000 kgs de masa máxima autorizada, comunmente denominado “Megacamión”.
Significar que este tipo de vehículos, caracterízanse por ter unha masa máxima autorizada de 60 Tn, un 50% superior a un vehículo articulado “normal”, e unha lonxitude de ata 25,25 metros e precisan para a súa circulación dunha autorización especial de circulación emitida pola DXT.
Requirido o seu condutor para a realización das correspondentes probas de detección de drogas, lanzou positivo por consumo de cocaína, estando este resultado pendente da confirmación por parte do laboratorio de referencia.
Á vista do resultado das probas de detección de drogas realizadas, formulouse denuncia á vixente Lei de Seguridade viaria, a cal sanciona os feitos con 1000 € e a detracción de 06 puntos do permiso de condución. O vehículo quedou inmobilizado ata que se fixo cargo da súa condución outro condutor designado pola empresa, tras comprobarse que reunía os requisitos necesarios para facelo.
A Garda Civil lembra que está prohibida e é sancionable a condución de calquera vehículo con presenza de drogas no organismo. Se ese consumo de drogas, mostrase influencia na condución, podería ser constitutivo de ilícito penal, que sería castigado coa pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de seis a doce meses, ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso, coa de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



