Cervo, 20 de decembro, 2022. Este domingo celebrouse o Campionato de Nadal de Nihon Tai-jitsu no Pavillón da Veiga, e que contou coa participación de medio cento de competidores de toda Galicia e distintas partes de Asturias, desde a categoría alevín ata a sénior, e que contou coa participación da tenente alcalde, Dolores García Caramés.
A competición englobou as modalidades de Kata e Goshin Shobu, que consisten na realización de técnicas propias do Nihon Tai-jitsu e da defensa persoal.
A clasificación foi a seguinte:
CATEGORÍA 4-6 ANOS
1º ALEXANDER JARA
2º LEONARDO GAEL
3º AROA DÍAZ
CATEGORÍA 7-8 AÑOS
1º MATEO IGLESIAS
2º SARA LONGARELA
3º KEIRA LÓPEZ
CATEGORÍA 9-11 ANOS
1º FERNANDO PEREZ
2º IGOR MENDEZ
3º GABRIEL FERNANDEZ
CATEGORÍA 13 ANOS
1º NELA LONGARELA
2º SOFÍA ROJO
3º LOLA FERNÁNDEZ
SÉNIOR
1º CARMEN PIÑÓN
2ºHÉCTOR PEÑA
3º JULIÁN SARDA
GOSHIN SHOBU SÉNIOR
1º CARMEN PIÑÓN
2º HÉCTOR PEÑA
3º ARTURO FERNÁNDEZ





















A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.


