Previamente visitou o Centro de Día e despois percorreu as rúas de Vilanova subido a unha Vespa con sidecar. Durante esta recepción foron entregados os premios do concurso de postais convocados polo Concello. O gañador foi Esteban Edrosa López, de 5° de Primaria. Levaron accésits Icía Fraga Vidarte, Nour-Han Boufeljat e Aroa Díaz Ventoso. Ao acto asistiron a alcaldesa, Rocío López García; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron; e a edil de Benestar Social, Mercedes Dengra Sixto.























Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.



