Subliña o novo impulso á actividade económica nos 19 concellos galegos que forman parte das zonas afectadas polos peches das centrais de Meirama e As Pontes
A Coruña, 4 de xaneiro de 2022. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, avanzou hoxe dúas novas convocatorias de axudas para impulsar proxectos empresariais nas zonas de transición xusta e que ofrecerán 50 millóns de euros a empresas e persoas emprendedoras. José Miñones animou aos interesados e interesadas a consultar as bases destas axudas, que xa saíron publicadas no BOE do pasado 16 de decembro, e preparar os proxectos ante a próxima apertura do prazo de solicitudes “que estimamos se abran a principios deste 2023”, anunciou. E lembrou que o Goberno dispón nas Pontes dunha Oficina de Transición Xusta para asesorar na presentación das solicitudes.
Estas convocatorias dependen do Instituto para a Transición Xusta (ITJ), organismo autónomo do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO). José Miñones subliñou que estas convocatorias sumarán un novo pulo para os 19 concellos incluídos nas dúas zonas de Galicia afectadas polos procesos de peche de centrais térmicas: Zona de Meirama (concellos de Cerdeda, Ordes, Carral, Tordoia e A Laracha) e Zona das Pontes (As Pontes, A Capela, Xermade, San Sadurniño, As Somozas, Mañón, Monfero, Moeche, Cerdido, Vilalba, Cabanas, Ortigueira, Muras e Ferrol).
Axudas para investimentos e emprego
O obxectivo destas liñas de axudas é promover iniciativas concretas de investimento empresarial nas zonas afectadas pola transición enerxética. Con elas búscase xerar actividades económicas alternativas que incentiven a creación de postos de traballo, así como manter os empregos existentes que impulsen un novo desenvolvemento económico nestes territorios.
As axudas outorgadas por este instrumento estarán baseadas en dous compoñentes: o investimento realizado e a creación de emprego. Así mesmo, bonificarase a contratación de persoas rexistradas nas bolsas de traballo do ITJ, co obxectivo de promover a creación de emprego prioritario para traballadores afectados polo peche de minas e centrais. Igualmente, bonificarase a creación de postos de traballo para mulleres, novas, maiores de 45 anos e persoas con discapacidade.
Haberá dúas liñas nesta primeira convocatoria: unha liña para proxectos empresarias (dotada con 40 millóns de euros), e outra para pequenos proxectos de investimento (con 10 millóns de euros).
Considéranse proxectos empresariais aqueles que requiren un investimento mínimo de 100.000 euros e crean polo menos tres postos de traballo. Pola súa banda, os pequenos proxectos de investimento deberán investir un mínimo de 30.000 euros e comprometerse a manter o emprego durante os tres anos seguintes ou crear polo menos un posto de traballo para as novas iniciativas.
Valoración de beneficios ambientais e sociais
Para a adxudicación das axudas, valoraranse os beneficios ambientais e sociais dos proxectos, a súa capacidade de xeración de emprego, o seu efecto tractor sobre o territorio, a súa innovación e a súa localización en municipios afectados polo despoboamento, o reto demográfico e o peche de minas de carbón e centrais. As pequenas e medianas empresas tamén contarán con puntuación adicional.





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



