O representante da Xunta en Lugo lémbralle a José Miñones que é delegado do Goberno de toda Galicia e non só da Coruña, e considera moi grave que semente dúbidas sobre un acordo aprobado por unanimidade polo Parlamento galego
Lugo, 13 de xaneiro de 2023. O delegado territorial da Xunta en Lugo pídelle ao Goberno do Estado que loite por Lugo e tilda de ocorrrencia que José Miñones critique que vaia ubicarse en Palas de Rei o complexo de fibras téxtiles de Altri. Para Javier Arias é moi grave que o delegado do Goberno faga estas declaracións, sementando dúbidas sobre unha decisión empresarial que elixiu Palas como a mellor localización posible para o que é un dos proxectos Next Generation máis importantes da candidatura galega aos fondos europeos e que foi aprobado de forma unánime polo Parlamento Galego.
Javier Arias considera que en lugar de retomar debates superados sobre a localización de Altri noutras provincias o que tería que facer o delegado do Goberno é apostar pola execución material e eficiente dos fondos, de acordo co regulamento dos mesmos, para que este proxecto, que aspira a sumar o 3% da produción mundial de fibra sostible, sexa unha realidade para Lugo e para Galicia.
Por último, o delegado territorial lembrou que se trata dunha oportunidade única para a provincia de Lugo, porque suporá un investimento duns 800M€ e a creación de 2.500 empregos directos e indirectos, pero pídelle a Miñones que vexa que tamén será un proxecto clave para Galicia, porque a comunidade terá a única fábrica de fibras téxtiles de España.





















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



