A Xunta ten plenas competencias en Sanidade segundo establece o Estatuto de Autonomía de Galicia. Non pode botar balóns fóra, ou botarlle as culpas a outros no que é responsabilidade súa. Foron os gobernos do PP os que recortaron máis de 1.100 profesionais na Atención Primaria”
Lugo, 13 de febreiro de 2023. A Secretaria de Organización do PSdeG na provincia de Lugo, Pilar García Porto, reclamou este luns á Xunta de Galicia que “escoite o clamor social” e que “arranxe a situación sanitaria da provincia de Lugo e de Galicia”. Así o dixo tras participar onte na manifestación en Santiago de Compostela que, baixo a convocatoria da plataforma SOS Sanidade Pública, reuniu a milleiros de persoas na capital galega e que foi todo un éxito de convocatoria.
Unha ampla representación dos socialistas da provincia de Lugo, formada por numerosos responsables do partido a nivel orgánico e cargos institucionais, así como afiliados e afiliadas, participaron nesta multitudinaria manifestación en defensa da sanidade pública, e contra os recortes e a privatización ós que a vén sometendo o Partido Popular dende o Goberno autonómico.
“O que vivimos onte en Santiago foi unha auténtica reivindicación dos servicios públicos na nosa comunidade. O PP ten que deixarse de parches e escusas, e debe arranxar os problemas da sanidade pública. Actúen xa”, subliñou García Porto.
Prepotencia e falta de resposta
Nesta liña, aludiu ás criticas da Xunta nas que asegurou que esta convocatoria estaba politizada. “A xente que leva meses en lista de espera non fai política. A xente que leva ó neno ó Hula porque non ten pediatra non fai política. A xente que non ten cita en Atención Primaria non fai política. O médico que dobra ou triplica turno non fai política. A cidadanía quere que os políticos lles dean solucións, e esta farta de sufrir a incompetencia de Alfonso Rueda e do Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña”, dixo a Secretaria provincial de Organización.
Pilar García Porto explicou que a manifestación demostrou o “farta, preocupada e indignada” que está a sociedade galega no seu conxunto “co nefasto modelo de xestión da sanidade pública galega da Xunta”, e coa “prepotencia e a falta de resposta” do Goberno ante as súas demandas. “Levamos dende antes da pandemia con protestas nas catro provincias galegas, pero o PP sempre mirou para outro lado e negouse a aceptar a realidade”, asegurou.
“A Praza do Obradoiro estaba ateigada de profesionais sanitarios e cidadáns, e converteuse nun mosaico que representaba todas as eivas do modelo actual de xestión sanitaria da Xunta. Alí estaba o persoal sanitario que firma 300 contratos ó ano; os médicos que fan xornadas esgotadoras para cubrir as vacacións e as baixas dos seus compañeiros; os pais que non teñen pediatra no centro de saúde; as persoas en lista de espera de cirurxía; ou familiares de enfermos terminais que en lugar de atención a domicilio reciben unha chamada telefónica de seguimento”, sinalou.
Foi o PP o que recortou 1.100 profesionais
En canto á situación sanitaria da provincia de Lugo, lembrou que “arredor do 80% dos concellos teñen problemas endémicos na atención primaria e pedrátrica. Temos recentes as protestas da Mariña, e o HULA tense convertido, de facto, no único punto da provincia que garante a atención de urxencias pediátricas. Esta situación é insostible”.
García Porto remarcou que “a Xunta ten plenas competencias en Sanidade segundo establece o Estatuto de Autonomía de Galicia. Non pode botar balóns fóra, ou botarlle as culpas a outros no que é responsabilidade súa. Foron os gobernos do PP os que recortaron máis de 1.100 profesionais en Atención Primaria. Son os cargos do PP os que nos din que non pode haber pediatras en todos os concellos. É o PP o que deixa sen convocar as prazas de MIR que habilita o Goberno central, para logo botarlle ós socialistas a culpa da falta de médicos”.
“En Galicia os médicos e o resto de profesionais sanitarios non queren traballar nas condicións que impón o Sergas”, aseverou a Secretaria provincial de Organización. Por todo isto, recalcou, “é urxente que o PP escoite ós cidadáns e ós profesionais, e que atenda as súas necesidades e reclamacións. Hai que deseñar un modelo sanitario público que garanta atención de calidade en todo o territorio – sen esquecer o rural – cunhas condicións laborais dignas”.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



