Castiñeira di que “falta transparencia e falta xustiza, cos concellos pequenos, que é aos que se debe a Deputación de Lugo”
Lugo, 23 de febreiro de 2023. Un ano máis, o goberno provincial, presidido polo socialista José Tomé, despois de conxelar o Plan Único dedica unha considerable cantidade de fondos, neste caso de remanentes, a investimentos que non se deciden con criterios obxectivos. O portavoz popular, Javier Castiñeira, acusa ao equipo de goberno de intentar destinar 5,1 millóns a fins electoralistas, unha cantidade procedente dunha modificación do orzamento do 2023, vía suplemento de crédito, ao que o grupo do PP votará en contra: “Votaremos en contra do uso de remanentes para fines políticos, partidistas”, anuncia Castiñeira.
Castiñeira sinala: “O grupo provincial do PP votará en contra no próximo pleno de usar case que 5.100.000 euros do remanente do 2022 para o que entendemos son fins propios da campaña electoral; como viñemos denunciando durante toda a lexislatura, eses 5,1 millóns de media son repartidos polo equipo de goberno de forma absolutamente indiscriminada e sen criterios obxectivos, única e exclusivamente, buscando fins electoralistas, intentando contentar aos alcaldes da súa cor política, mentres, polo contrario os máis de 30 alcaldes do PP non se ven reflectidos proporcionalmente no destino deses 5,1 millóns”.
Como o PP non sabe a que van ser destinados eses cartos, “e é unha contía importante, votaremos en contra; cremos que eses millóns, como xa dixemos, deberan ir sumados ao Plan Único e así os 67 concellos da provincia estarían totalmente de acordo”. Engade: “O equipo de goberno non quixo, porque prefire conxelar o Plan Único e despois mobilizar eses cinco millóns de euros ao seu gusto”.
Castiñeira destaca que esta medida é adoptada “antes das eleccións e xa vemos cal é a filosofía, a estratexia do equipo de goberno: usar fondos, os moitísimos medios do plan de comunicación da Deputación, os medios e equipos da institución, como o Parque Móbil, para facer política á antiga, propia doutros séculos, a política de Tomé que tanto o identifica”. Dende o PP, di Castiñeira, “dende todos eses municipios aos que representamos, vemos moi mal esta forma de gobernar, porque falta transparencia e falta xustiza cos concellos pequenos que é aos que se debe a Deputación de Lugo”.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



