O portavoz popular, Javier Castiñeira, di que o propio goberno provincial deixou no pleno a foto fixa da súa xestión ao reclamar 22 millóns para unha estrada autonómica no Courel, que procede a reparar a Xunta, que é a mesma cantidade que dedicaron en todo o mandato aos 4.000 quilómetros de vías provinciais
Lugo, 1 de marzo de 2023. Un pleno máis, o goberno da Deputación demostrou a súa incapacidade para manter nas debidas condicións as estradas da rede provincial e, tamén, unha vez máis, tratou de encubrir a súa ineficacia xestora, intentando desviar a atención cara outras administracións. O portavoz popular, Javier Castiñeira, destaca que “no día de onte quedou claro que a Deputación ten un problema coas estradas provinciais, un problema que, como vén demostrando o PP, que se debe a que ten un delegado de Vías e Obras que renega das súas funcións”. Castiñeira lembra que “así o fixo público o propio delegado, que coincide que é o presidente da Deputación de Lugo, o señor Tomé”. Engade que “como estamos sen delegado de Vías e Obras e teñen un problema, están intentando crear cortinas de fume, como vimos onte no pleno, co seu intento de comparar equipamentos doutras administracións ou xustificar o desastre da mobilidade lucense grazas ao Goberno de Sánchez”. Asegura que “cando o PP chegue ao goberno esta competencia fundamental vai ser prioritaria; sen dúbida algunha as estradas provinciais teñen que mellorar porque esta foi unha lexislatura patética, na que estiveron e están abandonadas”.
O bigoberno intentou no pleno “culpabilizar á Xunta de Galicia e foi lamentable o espectáculo que vivimos onte, por exemplo, co debate que afectaba ao Courel”. Engade: “Os propios socialistas e nacionalistas dixeron que levan gastados 22 millóns de euros en catro anos na rede provincial (4.000 quilómetros), cantidade que é absolutamente insuficiente, e estaban pedindo un arranxo de 22 millóns de euros para unha estrada da Xunta”.
Castiñeira viu no pleno “incoherencias dun goberno que intenta tapar a súa ineficacia nun asunto importantísimo, que é competencia directa da Deputación, como son as estradas; intenta contraatacar e xustificar a Sánchez aínda que sexa de maneira case cómica”. Os populares din “ao goberno da Deputación de Lugo que pense nos veciños da provincia e que as estradas provinciais son moi necesarias para todos eles e, polo tanto, hai que gastar os cartos”. O que promete o PP é que cando chegue ao goberno esta competencia fundamental vai ser prioritaria; sen dúbida algunha as estradas provinciais teñen que mellorar porque esta foi unha lexislatura patética, na que estiveron e están abandonadas”.
Débeda co Courel
A alcaldesa do Courel, Lola Castro, na súa calidade de deputada provincial lamenta que o BNG, integrante do goberno da Deputación, propuxera, no pleno pasado, reclamar á Xunta as obras que xa están en execución na estrada autonómica LU-651. “O primeiro que me chamou a atención foi que intenten comparar as obras que o Goberno de Pedro Sánchez é incapaz de facer para reconstruír as pontes da A-6, no Castro, coas desta estrada autonómica, porque é claro que nada ten que ver unha vía coa outra. E tamén me chamou a atención que insistan en destacar a diferenza entre os orzamentos da Xunta e da Deputación; pois claro que son moito máis grandes os da Xunta, porque son para toda Galicia e as competencias son inmensamente máis grandes. E por outro lado, anteriores gobernos provinciais, con menos orzamento do que agora ten o señor Tomé, non só mantiveron en bo estado as estradas da Deputación, senón que abriron moitas outras novas”
Castro tamén destacou que a Xunta actuou en tempo récord para abrir unha alternativa cando se produciu o derrubo na LU-651, “e foi vital para facer fronte aos incendios do ano pasado”. A alcaldesa do Courel e deputada provincial sinala: “A Deputación, na LU-P 1301 fixo unha reparación que é unha verdadeira chapuza, en realidade non foi máis que un tinguido da calzada, que xa se está a borrar; nada fixo para ampliar o ancho desta estrada, na que dous vehículos grandes ou non se poden cruzar ou crúzanse con moitas dificultades”. Engade: “As estradas provinciais no Courel están feitas un desastre e iso é responsabilidade do presidente da Deputación”. Lamenta que o goberno provincial incorrese no debate en “falta de respecto” cara ela. “Moi mal deben ver a Pedro Sánchez cando ten que vir ao Courel Tomé a defendelo”, manifestou.



















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



