Os populares presentarán unha iniciativa no próximo pleno, para intentar que o Concello garanta o subministro de auga ao centro sanitario en caso de que se dean situacións similares no futuro
Barreiros, 17 de marzo de 2023. A rede de subministro de auga de Barreiros sufriu esta mañá unha rotura, cuxa reparación esixiu cortar o abastecemento a unha zona da vila, dentro da que se atopa o centro de saúde. O corte prolongouse entre as oito da mañá e as 15.00 horas. O portavoz popular, José Manuel Gómez Puente, sinala que en calquera momento se pode producir unha avaría nunha rede de distribución de auga e a conseguinte reparación esixe cortar o subministro. Pero afea ao goberno local, e concretamente á alcaldesa, Ana Ermida (BNG), que non contactara co centro de saúde para ver a maneira de cubrir temporalmente a falta de abastecemento. Gómez Puente anuncia a presentación dunha iniciativa na próxima sesión plenaria en relación con este asunto.
O portavoz popular sinala: “Calquera entende que se produza unha avaría. O que non entende o persoal do centro de saúde é que o Concello e sinaladamente a alcaldesa non preguntaran como podían cubrir a falta de auga, que, nun servizo como este, é necesaria para lavar as mans entre paciente e paciente, para efectuar o traballo, etcétera. A verdade é que se botou de menos que dende o goberno local se pregunta que se necesitaba no centro de saúde”.
Para facer fronte á falta de abastecemento de auga, os traballadores do centro de saúde conseguiron varias garrafas para dispoñer da necesaria para lavar as mans, como mandan os protocolos sanitarios, e usala nos casos precisos na atención aos pacientes.
“Ninguén do Concello nos preguntou nada -di Gómez Puente- e, a verdade, cremos que non é a forma correcta de actuar. Coa iniciativa que presentaremos na próxima sesión plenaria, esperamos conseguir que, se se dá outra situación así, o Concello se preocupe de subministrar auga ao centro de saúde, como é a súa obriga, porque o abastecemento é unha das funcións básicas dos concellos”.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



