Ribadeo, 27 de marzo de 2023. O Concello iniciará nos vindeiros días as obras de mellora e acondicionamento na rúa Luz Pozo Garza e nun marxe da rúa Virxe do Camiño. O investimento achégase aos 200.000 euros e o prazo de execución será de catro meses.
A concelleira de Obras, Mónica Freire, sinalou que “estas importantes e agardadas obras de mellora configúranse como unha mellora e humanización desta área urbana que se atopa deteriorada por mor de sucesivas reparacións”.
A edil ribadense dixo que “agora, o Concello vai executar a dotación dun novo pavimento de aglomerado asfáltico e dunhas novas beirarrúas ao longo de toda a rúa Luz Pozo Garza, onde tamén se implementarán novas tubaxes de abastecemento de auga, unha nova canalización de saneamento e unha nova rede de alumeado xa fixada con criterios Led. Ademais na rúa Virxe do Camiño, fronte ao Xardín de Indianos e tamén na marxe contra a capela da Virxe do Camiño, vaise substituír o pavimento existente na beirarrúa, renovándose tamén as farolas existentes e o sistema de alumeado. Tamén se procederá ao pintado dos bordes e prazas de aparcamento, á sinalización horizontal e vertical e á dotación de mobiliario urbano e árbores”.
Freire Rancaño subliñou que “esta inversión, que supón 198.772,76 euros de orzamento, é financiada a través dun convenio de colaboración asinado coa Deputación de Lugo e foi adxudicada á empresa Desarrollos y Metas, S.L. O período máximo de execución das obras será de catro meses”.
A concelleira de Obras engadiu: “en conxunto, as obras supoñen unha decidida aposta pola humanización desta área e, por extensión, pola calidade de vida e a recuperación de espazos nesta zona da nosa vila”.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


