Na Xunta Local de Seguridade analizouse o calendario de eventos que se desenvolverán no municipio entre os días 1 e 9 de abril e decidiuse reforzar a vixilancia coa presenza de axentes da Policía Nacional, Local e Tráfico
Viveiro, 29 de marzo de 2023.
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, copresidiron este mércores a Xunta Local de Seguridade para planificar o dispositivo especial para a Semana Santa de Viveiro 2023, declarada de Interese Turístico Internacional. Durante a reunión, que tivo lugar no Concello de Viveiro, analizouse o calendario de eventos que se desenvolverán no municipio mariñán entre os días 1 e 9 de abril e decidiuse reforzar a vixilancia coa presenza de axentes, tanto de Policía Nacional como de Policía Local e Tráfico da Garda Civil.
A subdelegada e a rexedora subliñaron o esforzo de coordinación e colaboración entre as dúas administracións para que a Semana Santa de Viveiro sexa todo un éxito. Así, co obxectivo de manter a orde pública, os dispositivos, que serán flexibles e se adaptarán á afluencia de público prevista, cubrirán o casco histórico e os percorridos das diferentes confrarías, ademais doutros puntos de interese da localidade.
Isabel Rodríguez resaltou que “o Goberno de España mantén o seu compromiso e sensibilidade cun dos eventos de maior atracción turística na provincia, que forma parte do noso acervo cultural” e puxo en valor o traballo que realizan as confrarías para que este acontecemento sexa posible.
Na reunión tamén participaron responsables da Policía Nacional, o subsector de Tráfico e a Garda Civil do Mar, a Policía Local, a Policía Autonómica e a Policía Portuaria, xunto con membros da Xunta de Confrarías de Viveiro. Tamén estiveron presentes representantes da dirección xeral de Emerxencias e de Protección Civil.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



