O alcaldable destacou as iniciativas de Shiifos e Muiñeiras Requiande S.L como fundamentais para o desenvolvemento do rural en Ribadeo.
Ribadeo, 5 de maio de 2023. Esta mañá o conselleiro do Medio Rural, José González Vázquez e o candidato á alcaldía de Ribadeo, Dani Vega visitaron as empresas de Shiifos, dedicada ao cultivo de cogomelos; e Muiñeiras de Requiande S.L, unha empresa que naceu no 2020 da man dun grupo de mulleres co obxectivo de recuperar os produtores de alimentos e os consumidores da comarca a través da produción e elaboración de produtos vexetais. A visita serviu para poñer en valor as dúas empresas de Ribadeo e os produtos ecolóxicos e de proximidade.
Dani Vega subliñou a importancia de ter estas empresas en Ribadeo: “Shiifos é unha empresa de setas que está comercializando o seu produto nos mercados dos domingos e nos restaurantes do noso concello. Aspiran a seguir crecendo e nós, desde o noso grupo municipal, vamos a colaborar e traballar con eles conxuntamente para que sexa posible”.
Por outra banda, o alcaldable puxo en valor a transformación do produto como unha iniciativa máis para apoiar os produtos locais: “Fai dous anos en Cedofeita empezaron a súa historia coa transformación do produto. Nós temos unha proposta para elaborar ese produto, envasalo e introducilo nos centros educativos, unha iniciativa que fixemos na pandemia e agora queremos recuperar, pois non só poñemos en valor o produto, senón tamén a forma de vida dos nosos agricultores e gandeiros”. Neste sentido, en Muiñeiras de Requiande S.L están comprometidos co desenvolvemento sostible do medio rural e a revalorización do papel dos produtores e consumidores locais.
Pola súa parte, González salientou que desde a Consellería apostan por oportunidades que xeren riqueza no eido da agricultura e transformación do produtos. Iniciativas como a de Shiifos permiten impulsar a agricultura ecolóxica e por iso desde a Xunta de Galicia a apoian de xeito decidido. En canto a Muiñeiras de Requiande S.L, o conselleiro destacou a produción, elaboración, transformación e comercialización de todo tipo de produtos vexetais.
Neste sentido, desde a Consellería do Medio Rural apostan pola transformación e comercialización de produtos agrarios e, por iso, este ano as axudas ao efecto contaron cun orzamento de 30 millóns de euros




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



