Viveiro, 24 de maio de 2023. O Concello de Viveiro pon en valor o traballo que se está a realizar dende a Biblioteca Municipal como referente a nivel comarcal tanto polas súas magníficas instalacións como polas numerosas iniciativas que acolle e que promove ao longo dos doce meses do ano.
Entre estas propostas destaca o Clube de Lectura en Feminino que modera e apadriña a actriz galega Estibaliza Veiga que, co obxectivo de mellorar e darlle maior dinamismo, facilitou neste último ano os encontros directos coas autoras dos libros cos que se está a traballar.
Deste xeito, e a prol dunha cultura en igualdade, as súas compoñente puideron conversar e compartir as súas impresións tanto a nivel presencial como a nivel telemático con escritoras como Rosa Coba, autora de “Pornografía”, Juana Gallego, sobre “Putas de Película”, María Rosa Lojo, co libro “Fisterra”, Vanessa Santiago, autora de “A vida sinxela de Marcelo Filamento”, así como con María Solar co libro “A Culpa” e Camila Sosa Villada con “Las Malas”. O seguinte encontro será o día 30 deste mes con Estíbaliz Espinosa e a súa obra “Zooommm”.
“Parécenos unha iniciativa moi nutritiva tanto para as autoras, que deste xeito poden establecer contacto directo co seu público, como para as lectoras que poden entender por que a autora escribiu dese xeito o seu libro”, destaca a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
“Ademais disto, co Clube de Lectura empoderamos as figuras das mulleres escritoras, escritoras tamén en galego, porque nos parece imprescindible seguir loitando pola visibilización da muller en todas as áreas, e neste caso a nivel cultural”, subliña a concelleira de Cultura e Muller, Lara Fernández Fernández-Noriega.
“Seguiremos a traballar tanto para seguir plantando semente nos mais pequeniños para que sigan acudindo, como ata o de agora, a todos os eventos que propoñemos porque contamos cun gran número de participación sempre, como intentando aportar novas iniciativas”, engade a concelleira que adianta a posta en marcha dunha nova actividade para Viveiro baixo o título “A Biblioteca sae á rúa”.
“Continuaremos a traballar para que a nosa biblioteca ofreza mais e mellores e servicios, que sen dúbida algunha xa o fai, pero sempre se debe mellorar”, reitera Lara Fernández Fernández-Noriega.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



