Nota de Prensa
MÁIS DE MEDIO CENTO DE PERSOAS ASISTEN ÁS XIII XORNADAS AMBIENTAIS QUE SE CELEBRAN DESDE HOXE EN RIBADEO. UN EVENTO NO QUE SE ABORDAN CUESTIÓNS COMA O PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL, O TURISMO, A RÍA DE RIBADEO OU O URBANISMO SOSTIBLE.
Ribadeo, 13 de setembro de 2010. Máis de medio cento de persoas asisten ás XIII Xornadas Ambientais que se celebran desde hoxe en Ribadeo, no auditorio Hernán Naval e que analizan a Xestión sustentable do patrimonio natural de Galicia.
O alcalde de Ribadeo manifestou que “no día de hoxe dan comezo estas XIII Xornadas Ambientais, decanas en Galicia. A pesares da súa lonxevidade desde o Concello e desde área de Medio Ambiente queremos mantelas novas, frescas e orientándoas sempre cara os temas de maior interés. Por iso é de agradecer o patrocinio da Xunta e de colaboradores como Aquagest, Os Irmandiños, Urbaser, Ence, O Catalán, Os Molineros…”.
Fernando Suárez dixo que “é un evento no que está a participar bastante xente do mundo da educación, profesores e alumnos, como tamén outras persoas de Ribadeo interesadas polo debate entorno ao medio ambiente e a sostibilidade. E temos bós exemplos diso, como a aprobación inicial por parte da Xunta do Plan de Ordenación do Litoral que está a dar bastante que falar, contaremos co director xeral de Sostibilidade e Paisaxe para que nos poida aclarar diferentes extremos sobre esta cuestión”. O rexedor engadiu que “tamén se vai falar do turismo sostible, e temos unha boa proba aquí en Ribadeo con toda a marea de visitas que xenera a praia de As Catedrais e vaise analizar o modelo de urbanismo sostible con exemplos do que se debe e do que non se debe facer, centrado no que se fixo nestes últimos anos en moitas zonas ben cercanas á nosa e tamén diferentes aspectos sobre o cuidado da ría de Ribadeo, magnífica ría, pero que adoece de diferentes problemáticas que analizarán diversos persoeiros tanto de Asturias como de Galicia”.
Suárez Barcia convidou “a que as persoas que queiran asistir de ouvintes poidan facelo sen problema. As Xornadas Ambientais tamén coinciden no día de hoxe coa sinatura dun convenio moi importante entre os diferentes concellos da marxe galega e da marxe asturiana da ría, que arredor desta asociación de Concellos da reserva da biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón e o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño por importe de 2 millóns de euros. É moito diñeiro, pero tamén somos moitos concellos, moita poboación e moita extensión, pero será sempre bó. En Ribadeo queremos sacarlle todo o zume posible de cara a que os recursos se poidan canalizar de xeito moi importante para o noso concello e estaremos moi atentos sobre todo isto”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



